Anuska Gil cumpre o reto de percorrer o Camiño Francés en patíns
fai 12 anos
Anuska Gil e os integrantes do proxecto “Patinando o Camiño” chegaron finalmente a Santiago tras percorrer mil quilómetros do Camiño Francés, desde Roncesvalles, en patíns.

Foto da chegada (www.facebook.com/patinandoelcamino)
A iniciativa quedou reflectida nun proxecto audiovisual que servirá para homenaxear ás mulleres que destacan polo seu labor humanitario, un dos obxectivos da artífice do proxecto, a patinadora Anuska Gil. Tras 26 etapas, Gil chegou a Santiago onte co positivismo que caracterizou toda a súa travesía e que lle reportou grandes satisfaccións.
Ademais a patinadora trouxo con ela unha capa na que peregrinos e veciños dos distintos municipios da ruta foron cosendo diferentes motivos e obxectos e que foi entregada tamén onte ao Apóstolo na misa do peregrino. O equipo de Anuska escoltouna coa autocaravana Dethleff S Lifestyle cedida por Yakart Centro Caravaning, que foi o seu centro loxístico durante case un mes, ata a chegada á catedral.
Na súa chegada foi recibida por representantes do Concello, a Secretaria de Igualdade da Xunta de Galicia, o Xacobeo e a Santiago Filme Commission, entre outras. Outros concellos que se sumaron ao proxecto foron os de Estella-Lizarra, Santo Domingo da Calzada, Carrión de los Condes, Astorga ou Triacastela. O proxecto contou tamén coa participación de varios patrocinadores.
O proxecto puido seguirse a través de Internet na web www.patinandoelcamino.com e en redes sociais como Facebook, Twitter ou YouTube. Con todo, o programa non se termina coa chegada de Anuska Gil a Santiago, xa que hai unha intención transmedia que se reflectirá na creación doutros produtos, como un libro e un documental, onde se conten todos os detalles desta aventura.
A Xunta presenta o Camiño no festival brasileiro de Gramado
fai 10 anos
Trátase dunha feira turística exclusiva para profesionais que se celebra no (+)
Un Foro conmemorará o 25 aniversario da morte de Elías Valiña
fai 10 anos
Vilafranca do Bierzo acollerá en decembro un Foro Internacional sobre o legado (+)