PublicidadeTurgalicia
logo_menu

PROXECTO ACTUALIDADE PLANO

Un Foro conmemorará o 25 aniversario da morte de Elías Valiña

fai 9 anos

Vilafranca do Bierzo acollerá en decembro un Foro Internacional sobre o legado de Elías Valiña na configuración do actual Camiño deSantiago.

A Fraternidade Internacional do Camiño de Santiago (FICS), en colaboración co Concello de Vilafranca do Bierzo, a Asociación Ave Fénix e as asociacións de amigos do Camiño do Bierzo, Astorga e Vilafranca, organizan o próximo mes de decembro o Foro Internacional "O legado de Elías Valiña: presente e futuro do Camiño de Santiago".

O encontro terá lugar os días 12, 13 e 14 de decembro e servirá para conmemorar o XXV aniversario do falecemento do párroco do Cebreiro, Elías Valiña, irmán e amigo de todos os peregrinos e grande impulsor do renacemento do Camiño de Santiago nos tempos modernos.

Dende a FICS cren que a mellor homenaxe que se lle pode facer a Elías é reunirse para traballar con humildade –“esa gran virtude do Camiño que forma parte da súa grandeza"– e reflexionar sobre "o que significaron eses 25 anos sen Elías para o Camiño, en que punto estamos e, o que é máis importante, que futuro queremos para o Camiño de Santiago e a peregrinación xacobea".

Para iso convocan a todas as persoas relacionadas co Camiño a un "foro de traballo, reflexión e posta ao día para, se é o caso, propoñer, defender e executar, accións en defensa das peregrinacións tradicionais a Compostela e os valores que sempre a acompañaron,". E advirten de que "cada un pagará o seu" e que "nin se piden nin se aceptan subvencións" co fin de que "o encontro sexa independente, libre e sen condicións"

Os interesados deben dirixirse ao correo electrónico da FICS, info@ficscaminodesantiago.com indicando nome e apelidos, lugar de residencia e motivando o interese en participar. A inscrición é gratuíta.

Ver todas as novas

A Xunta presenta o Camiño no festival brasileiro de Gramado

fai 9 anos

Trátase dunha feira turística exclusiva para profesionais que se celebra no (+)

Unha ducia de Paradores ofrecen o Menú Peregrino, de Asís a Compostela

fai 10 anos

Un total de 12 establecementos adheridos á rede de Paradores ofrecen o Menú (+)

PublicidadeApecsa

PublicidadeHotel Monumento San Francisco
PublicidadeAC Palacio del Carmen, Autograph Collection Hotels