PublicidadeCamara de comercio
logo_menu

PROXECTO ACTUALIDADE PLANO

Por primeira vez unha muller percorre patinando preto de 1000 km do Camiño de Santiago

fai 12 anos

A patinadora Anuska Gil comezou esta semana un proxecto audiovisual que supón tamén unha homenaxe “ao esforzo e á dedicación das mulleres anónimas do Camiño”.

Imaxe de Anuska comezando o Camiño

Anuska Gil propúxose percorrer o Camiño Francés, desde Roncesvalles ata Santiago de Compostela, en patíns. Patinando o Camiño é o nome deste proxecto audiovisual co que a patinadora trata de recoñecer o traballo de miles de mulleres solidarias e cuxo labor humanitario adoita pasar desapercibido.

O percorrido comezou este martes, 2 de outubro, data de nacemento de Gandhi e Día Internacional da Non Violencia, en Saint Jean Pied de Port (Francia) e está previsto que termine o 30 deste mesmo mes en Santiago, onde Anuska entregará ao Apóstolo unha capa elaborada coas achegas de todos aqueles que queiran colaborar.

A idea inicial é da propia Anuska, en colaboración co guionista e director de Ars-Media, Valentín Fernández-Tubau e a xornalista e guionista Laura Bermejo, aínda que para pór en marcha o proxecto foi necesario o apoio de moitas entidades, públicas e privadas.

En total serán 26 etapas que quedarán rexistradas no programa audiovisual Patinando o Camiño, cuxo propósito principal é “infundir positivismo en momentos de crise e render homenaxe á muller solidaria como valor e peza fundamental da sociedade actual”. O proxecto non terminará ao final do camiño, xa que ten unha visión transmedia e desenvolverá outros produtos paralelos como un libro e un documental.

A ruta poderá ser seguida a través de Internet polos usuarios, xa sexa na súa web www.patinandoelcamino.com como en Facebook, Twitter ou YouTube. 

Ver todas as novas

A Xunta presenta o Camiño no festival brasileiro de Gramado

fai 9 anos

Trátase dunha feira turística exclusiva para profesionais que se celebra no (+)

Un Foro conmemorará o 25 aniversario da morte de Elías Valiña

fai 10 anos

Vilafranca do Bierzo acollerá en decembro un Foro Internacional sobre o legado (+)

PublicidadeClub Financero de Santiago

PublicidadeHotel Balneario Compostela
PublicidadeMultiusos Fontes do Sar