PublicidadeXacobeo
logo_menu

PROXECTO ACTUALIDADE PLANO

O colexio maior máis antigo de España realiza o Camiño de Santiago por quinta vez

fai 12 anos

Un grupo de universitarios residentes no Real Colegio Mayor de San Bartolomé ySantiago, da Universidade de Granada, acompañados de familiares e persoal desa entidade chegaron a Compostela tras a peregrinación bianual que realiza a entidade

A alcaldesa en funcións recibiu a delegación andaluza

O Real Colegio Mayor de San Bartolomé y Santiago, o máis antigo de España, visitou onte o Concello compostelán tras facer parte da ruta xacobea, unha actividade que realizaron por quinta vez desde que a puxeron en marcha hai 12 anos. De feito, na fachada da súa sede, un edificio do século XVI, colocouse un azulexo coa frecha e a inscrición do Camiño de Santiago.

Os 14 colexiais arrincaran a súa andaina fai unha semana en Vilafranca do Bierzo e chegaron a Compostela o luns. A concelleira Reyes Leis deulles a noraboa á expedición por ter completado o Camiño e polo seu "labor como embaixadores do mesmo en Granada". Desexoulle aos estudantes unha feliz estancia na cidade e amosou o "orgullo" e o "asombro" que lle segue producindo "a cantidade de persoas que cada día chegan á nosa cidade".

Os colexiais acudiron ao Concello coas becas azuis que teñen como distintivo. No seu nome falou o director do Colexio, José Luis Pérez-Serrabona, quen deu as grazas polo recibimento. Recordou que o Colexio Maior de San Bartolomé e Santiago da Universidade de Granada é o máis antigo de España aberto actualmente", e expresou o desexo de repetir a experiencia de realizar o Camiño.

Ver todas as novas

A Xunta presenta o Camiño no festival brasileiro de Gramado

fai 9 anos

Trátase dunha feira turística exclusiva para profesionais que se celebra no (+)

Un Foro conmemorará o 25 aniversario da morte de Elías Valiña

fai 10 anos

Vilafranca do Bierzo acollerá en decembro un Foro Internacional sobre o legado (+)

PublicidadeFundacion La Rosaleda

PublicidadeRestaurante Calderon
PublicidadeRestaurante O Dezaseis