Libraría Couceiro celebra o seu quinto aniversario en Cervantes
fai 12 anos
Non son bos tempos para a cultura, e menos aínda para o sector editorial, mais Libraría Couceiro leva 43 anos desafiando o mercado e ofrecendo moito máis que libros: unha forma de vida na que negocio e cultura comparten un espazo que vén de celebrar o seu quinto aniversario.
Libraría Couceiro vén de celebrar o seu quinto ano na praza de Cervantes
No ano 1969 Xesús Couceiro abría a primeira Libraría Couceiro na rúa de San Pedro. Desde entón, catro locais da cidade viron como ía crecendo un negocio que se converteu nun referente do comercio compostelán ata chegar ao seu actual emprazamento: a emblemática praza de Cervantes.
Un edificio de cinco pisos e 500 metros cadrados acolle á actual libraría, á fronte da que están xa Pablo e María Couceiro, a segunda xeración de libreiros que mantén o espírito do negocio primixenio: promocionar o libro e a cultura galegas.
De aí que dous deses cinco andares estean adicados ao libro galego e de ocasión, un dos principais atractivos deste espazo cultural no que o entorno convida a relaxarse, rebuscar tranquilamente e facerse con algún dos tesouros que se agochan nos seus andeis e que, os sábados que o tempo o permite, saen á rúa para estar aínda máis preto dos veciños, turistas e peregrinos que ateigan a praza de Cervantes.
Outras veces é a sociedade compostelá a que invade o espazo da libraría para facer presentacións, conferencias ou reunións nun entorno cun significado moi especial. Porque Libraría Couceiro é moito máis que un comercio, é un lugar de encontro e colaboración onde é posible mesmo coñecer todo o proceso de edición dun libro.
O seu taller de encadernación recibe múltiples visitas de colectivos interesados en ver cómo se fai unha publicación e, ao tempo, coñecer a propia libraría, que este 24 de xullo celebra o seu quinto aniversario na praza de Cervantes, un período que Pablo Couceiro define como “difícil” pero cuxo balance é “positivo”, posto que pese á crise e ás cargas constantes contra a cultura e a educación –sectores ambos que afectan directamente ás librarías– lograron “ir crecendo paseniñamente”.
Máis de castro décadas adicadas ao libro e a cultura galegas
Por ese traballo constante e ininterompido durante máis de catro décadas, Xesús Couceiro foi recoñecido este ano co premio Francisco Fernández del Riego que outorga anualmente a Asociación Galega de Editores por “toda unha vida adicada á promoción do libro e a cultura galega”.
Pero tamén polo seu apoio constante ao sector, como fundador e primeiro presidente da Federación de Libreiros de Galicia e co-fundador de Edicións Laiovento; tamén puxo en valor Edicións do Cerne publicando facsímiles de primeiras edicións de autores galegos libres de dereitos. Unha vida enteira adicada ao libro e á cultura galega que agora continúa xa a segunda xeración con igual dedicación e agarimo.
A Xunta presenta o Camiño no festival brasileiro de Gramado
fai 9 anos
Trátase dunha feira turística exclusiva para profesionais que se celebra no (+)
Un Foro conmemorará o 25 aniversario da morte de Elías Valiña
fai 10 anos
Vilafranca do Bierzo acollerá en decembro un Foro Internacional sobre o legado (+)