PublicidadeUSC
logo_menu

PROXECTO ACTUALIDADE PLANO

A Vía da Prata conta cun novo albergue en Trasmiras, Ourense

fai 12 anos

A secretaria xeral para o Turismo, Carmen Pardo, xunto co delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, e o alcalde de Trasmiras, José Pazos, inaugurou hoxe o albergue para peregrinos de Viladerrei.

Imaxe da inauguración hoxe do albergue de Viladerrei en Trasmiras, Ourense

Esta nova instalación, vén incrementar en 30 o número de prazas de albergues para peregrinos da Vía da Prata, que agora xa conta con 376 nas 13 instalacións que ten esta vía de peregrinaxe no seu percorrido galego. Deste xeito, os peregrinos dispoñen de 3.207 prazas na rede pública de albergues de Galicia. Neste ámbito, coa vindeira posta en servizo dos albergues de Castroverde (Lugo) e Betanzos (A Coruña), o número de prazas totais será de 3.278, o que supón un incremento de case 500  prazas entre os anos 2009 e 2012.

Carmen Pardo salientou a actuación da Xunta de Galicia na construción de albergues para peregrinos que no período 2009-2012 supuxo, “un investimento de máis de 5,6 millóns de euros”. Segundo manifestou a secretaria xeral para o Turismo, que tamén estivo acompañada neste acto polo vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, e o presidente da Asociación de Amigos Vía de la Plata-Camino Mozárabe, José Luis Rodríguez,  “isto pon de manifesto a importancia que a Xunta de Galicia lle da ao Camiño de Santiago, nun dos momentos nos que más axustes se están a producir nos orzamentos públicos”.

A Vía da Prata está a experimentar un gran crecemento como ruta de peregrinaxe a Santiago, segundo mostran os datos: 14.197 peregrinos obtiveron a compostela no último Ano Santo de 2010, e nos últimos sete meses chegaron polo Camiño do Sueste 5.023 peregrinos, mentres que no mesmo período do ano anterior foran 4.753, o que supón un incremento do 5,3 %. Ademais, nos albergues do Camiño do Sueste producíronse en 2011 24.818 pernoitas e no que vai de ano van xa 13.681.

Albergue de Viladerrei

Este novo albergue aséntase sobre unha edificación rehabilitada que ocupaba unha antiga farmacia e que conta con semisoto, planta baixa e primeira planta, nunha edificación con muros de pedra, dentro dunha superficie total de 412 metros cadrados.

O acceso principal realízase pola planta baixa mediante recibidor, a xeito de cortaventos para acceder ao salón onde se sitúa a cabina do albergueiro. A planta alta conta cuns aseos, un distribuidor e dúas estancias para dormitorios. Tamén existe unha galería orientada ao sueste.

O albergue conta con dúas edificacións anexas nas que se atopan o comedor, un cuarto, vestiarios e un lavadeiro-tendedeiro, envorcados ao espazo interior a xeito de eira. A edificación trata de crear un espazo de fácil comunicación e transición, e buscar unha amplitude de volumes acorde ás necesidades e un mellor aproveitamento da superficie.

Así, xurde un trazado lineal que permite a comunicación entre os diferentes volumes e unha axeitada conexión coa contorna natural envolvente. Os porches permiten unha transición pausada co exterior, conformados como espazos de estancia, paso e visualización.

Ver todas as novas

A Xunta presenta o Camiño no festival brasileiro de Gramado

fai 10 anos

Trátase dunha feira turística exclusiva para profesionais que se celebra no (+)

Un Foro conmemorará o 25 aniversario da morte de Elías Valiña

fai 10 anos

Vilafranca do Bierzo acollerá en decembro un Foro Internacional sobre o legado (+)

PublicidadeApecsa

PublicidadeHotel Balneario Compostela
PublicidadeLa Salle