PublicidadeCamara de comercio
logo_menu

PROXECTO ACTUALIDADE PLANO

Hostelería Compostela presenta o número 156 de "Comphostelería"

fai 12 anos

A Asociación Hostelería Compostela presentou esta mañá no Espazo Enogastronómico dos Camiños de Santiago, no concello do Pino, o número 156 da revista Comphostelería. O título desta nova edición da publicación é Santiago é Turismo.

Vázquez Portomeñe con Beatriz González, Xesús Sordo e Xosé Manuel Otero

A revista céntrase na importancia para Santiago e comarca do turismo. Como indica o seu editorial, “a hostalería é o motor de Compostela e o turismo, o combustible que fai funcionar á cidade”. Nun contexto de crise económica e incertidume, cun descenso da demanda turística debido a merma dos turistas nacionais, dende Hostelería Compostela apóstase pola internacionalización.

“A ausencia dun sistema aeroportuario que aposte pola especialización turística de Lavacolla, está a impedir o desenvolvemento dunha estratexia de promoción intelixente, que aposte claramente pola internacionalización do sector turístico de Galicia grazas á oportunidade que Santiago representa pola súa enorme proxección exterior”.

O editorial ademais fai un chamamento para “aproveitar mellor o que temos, cun planeamento estratéxico integral do turismo, un pacto de país, consensuado e aberto, contando con todas as forzas políticas e con todos os sectores implicados, e moi especialmente cos profesionais do sector privado, que son os máis interesados en que o turismo funcione ben”.

O acto de presentación, contou coa presenza de Beatriz González, xerente da Fundación Cidade da Cultura de Galicia, co ex conselleiro e ideólogo do xacobeo, Víctor Manuel Portomeñe, ademais de cos presidentes de Hostelería Compostela, Xesús Sordo e Xosé Manuel Otero.

Na barra con... Vázquez Portomeñe

Portomeñe é un dos protagonistas da revista cunha conversa sobre o fenómeno xacobeo e o futuro do turismo de Galicia. Para o ex-conselleiro “Galicia necesita e reclama un segundo plan xacobeo no que se traballe con imaxinación e intelixencia, contando con todas as forzas políticas e sectores interesados, sobre todo cos hostaleiros, que son os nosos grandes embaixadores e os máis interesados en que o turismo funcione”.

A Cidade da Cultura tamén ten o seu espazo na revista protagonizando a nova sección sobre exposicións, coa exposición Gallaecia Petrea, unha viaxe por Galicia a través da pedra. A reportaxe de apertura é Santiago é turismo, destacando as diferentes accións levadas a cabo dende Hostelería Compostela coa colaboración das administracións públicas para a promoción turística, dende workshops con turoperadores a visitas de xornalistas de diferentes países como Irlanda, Italia ou Filipinas. A sección “Na mesa con…” protagonÍzaa María Antón, xerente do Consorcio de Santiago, que fala sobre a dinamización e rehabilitación cultural de Compostela.

O número inclúe ademais diferentes artigos e reportaxes e un obituario de Juan José Moralejo, recentemente falecido e colaborador habitual da publicación. “Paseos por Compostela” visita o parque da Selva Negra, “A Escapada” fai un percorrido pola Costa da Morte e Fisterra e “O Socio Opina” recolle as ideas dos directores dos principais hoteis de Santiago ideas para aproveitar mellor o potencial internacional da cidade.

Ver todas as novas

A Xunta presenta o Camiño no festival brasileiro de Gramado

fai 10 anos

Trátase dunha feira turística exclusiva para profesionais que se celebra no (+)

Un Foro conmemorará o 25 aniversario da morte de Elías Valiña

fai 10 anos

Vilafranca do Bierzo acollerá en decembro un Foro Internacional sobre o legado (+)

PublicidadeClub Financero de Santiago

PublicidadeHotel Monumento San Francisco
PublicidadeOral Group