PublicidadeCamara de comercio
logo_menu

PROXECTO ACTUALIDADE PLANO

Santiago recibe o peregrino número 100.000

fai 11 anos

Ao ritmo actual de chegada de peregrinos, Santiago baterá un novo récord de romeiros fóra de ano santo e mesmo superará a moitos Xacobeos. A Oficina de Acollida ao Peregrino informou da chegada de 100.000 peregrinos. Os afortunados foron unha familia de franceses que partiron de Ponte de Lima.

Detalle da cuberta do número 156 de "CompHostelería"

A afluencia de xente no Camiño aumentou un 6,3 % respecto ao ano pasado, polo que se volve bater un récord nun ano non Xacobeo. E as cifras de 2011 xa foran especialmente boas, posto que foi o mellor ano na historia documentada do Camiño a excepción do ano santo de 2010.

As previsións, se segue o actual ritmo, é que este ano remate coa chegada duns 195.000 peregrinos, a maior cifra da historia sen contar o 2010, xa que o ano pasado selaron a súa compostela 183.266 persoas, en 2008 foron 125.141, en 2006 chegaron 100.377 peregrinos e no Xacobeo de 2004 case 179.950.

Presentación de CompHostelería

Aproveitando este feito histórico, a chegada do peregrino número 100.000, Hostelería Compostela realizará unha visita ao Espazo Enogastronómico dos Camiños de Santiago que está no Pino, onde presentará o número 156 da súa revista, CompHostelería. Será mañá, xoves, ás 11.00 h.

A presentación farase neste espazo polo seu carácter simbólico, ao pé do Camiño Francés, onde Hostelería Compostela xestiona tamén un punto de información e atención aos peregrinos, precisamente na antesala da súa chegada a Compostela nun dos momentos do ano de maior afluencia de camiñantes.

Na presentación daranse a coñecer os contidos e seccións deste número. Para iso contarán coa presenza de Xosé Paz, xerente do Xacobeo, e Victor Manuel Vázquez Portomeñe, protagonista da sección “Na barra con…” con quen mantiveron unha conversa arredor do fenómeno xacobeo e do futuro do turismo de Galicia. Tamén van estar outros protagonistas e colaboradores de CompHostelería 156 SANTIAGO É TURISMO, unha publicación da que se distribúen máis 15.000 exemplares entre os socios de Santiago e comarca e tamén noutras zonas de Galicia e España.  

Ao remate da presentación haberá unha visita guiada ao punto de atención e información que Hostelería Compostela xestiona e atende no Camiño Francés, para coñecer o servizo que se ofrece e algunhas das historias, expectativas e experiencias dos peregrinos que veñen a Compostela, precisamente na antesala da chegada ao seu destino e acompañados por un dos ideólogos do rexurdimento do fenómeno xacobeo.

Ver todas as novas

A Xunta presenta o Camiño no festival brasileiro de Gramado

fai 9 anos

Trátase dunha feira turística exclusiva para profesionais que se celebra no (+)

Un Foro conmemorará o 25 aniversario da morte de Elías Valiña

fai 9 anos

Vilafranca do Bierzo acollerá en decembro un Foro Internacional sobre o legado (+)

PublicidadePedras de Santiago

PublicidadeHotel Monumento San Francisco
PublicidadeAC Palacio del Carmen, Autograph Collection Hotels