PublicidadeCamara de comercio
logo_menu

PROXECTO ACTUALIDADE PLANO

A mítica Casa da Troia volve a abrir as súas portas

fai 12 anos

O museo Casa da Troia abre de novo hoxe as súas portas e poderá visitarse ata o 15 de outubro de 11.00 a 14.00 h e de 16.00 a 20.00 h. Estará pechada os domingos pola tarde e os luns durante todo o día.

A Casa da Troia recrea a pensión de estudantes e a vida universitaria de Santiago

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez, participou hoxe na reapertura da Casa da Troia, onde fixo referencia ao valor testemuñal deste edificio “que acolleu a xeracións e xeracións de mozos que durante o século XIX pasaron pola ilustre institución académica que é a Universidade de Santiago”.

O conselleiro asegurou que o museo é un lugar “que sentimos como noso todos aqueles que viñemos a esta cidade para estudar”, mesmo “cidadáns doutros países que gardan Santiago no corazón ao longo da vida, converténdose nos seus mellores embaixadores polo mundo”.

No acto de reapertura estiveron, entre outros, o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo; o reitor da Universidade de Santiago, Juan Casares; o alcalde da cidade, Ángel Currás; a xerente do Consorcio de Santiago, María Antón; e o presidente da Asociación de Antigos Tunos Composteláns –entidade que xestiona o museo–, Benigno Amor.

Todos estes organismos son membros do Padroado do museo e a eles lles agradeceu hoxe a Consellería o “esforzo feito para recuperar este espírito auténtico vencellado de forma inseparable a Compostela”.

Recreación da antiga pensión de estudantes

O museo Casa da Troia recrea a pensión de estudantes e a vida universitaria de Santiago a finais do século XIX que inmortalizou Alejandro Pérez Lugín na súa novela La Casa de la Troya. Nela aloxábase o personaxe principal, Gerardo Roquer, e os seus compañeiros de estudos.

A casa funcionou como hospedaría de estudantes dende 1886 ata 1906. Abriu as súas portas como museo en 1993, grazas ao esforzo do mecenas compostelán Benigno Amor Rodríguez (finado en 2009), quen dedicou boa parte da súa vida a este proxecto.

A Casa da Troia poderá visitarse durante todo o verán, polas mañás en horario de 11 a 14 h e polas tardes de 16 a 20 h. Permanecerá pechada os domingos pola tarde e os luns durante todo o día.

Ver todas as novas

A Xunta presenta o Camiño no festival brasileiro de Gramado

fai 9 anos

Trátase dunha feira turística exclusiva para profesionais que se celebra no (+)

Un Foro conmemorará o 25 aniversario da morte de Elías Valiña

fai 10 anos

Vilafranca do Bierzo acollerá en decembro un Foro Internacional sobre o legado (+)

PublicidadeAsociacion de Hosteleria de Santiago

PublicidadeHostal dos Reis Catolicos
PublicidadeAC Palacio del Carmen, Autograph Collection Hotels