Hostelería Compostela asume la organización del Santiago es Tapas 2012
fai 12 anos
Hostelería Compostela anuncia unha nova edición do Santiago é Tapas, que se celebrará do 26 de outubro ao 11 de novembro. A participación está aberta a todos os establecementos hostaleiros do concello.
O concurso celebrarase entre o 26 de outubro e o 11 de novembro
A Asociación de Empresarios de Hostelería de Santiago decide asumir a promoción e organización deste evento por consideralo de extraordinaria importancia para a dinamización económica do sector e para a divulgación da cultura do tapeo na cidade, especialmente en tempada baixa, consolidando así Compostela como un destino gastronómico de referencia a nivel nacional e internacional.
A negativa do Concello para organizar o concurso, como viña sendo habitual dende a primeira edición de 2008, levou a asociación de hostaleiros a asumir este ano a promoción e organización desta consolidada cita coa gastronomía. O anuncio do concurso produciuse da man do presidente de Hosteleria Compostela (área restauración), Xesús Sordo e do xerente da Asociación, Andrés Condide.
O compromiso que asume Hostelería Compostela co Santiago é Tapas obedece á necesidade de manter un concurso que é un importante elemento de dinamización do sector hostaleiro en Santiago e unha referencia a nivel nacional entre os concursos de tapas. Este evento ten a intención ademais de contribuír á dinamización do sector, reforzando así a imaxe da cidade como destino de turismo enogastronómico e fomentando o consumo dos produtos do mar e da terra de Galicia.
Desde Hostelería Compostela faise un chamamento aos principais produtores do eido da enogastronomía de Galicia e ao sector hostaleiro compostelán para implicárense na celebración do Santiago é Tapas 2012 e conseguir que a celebración deste evento sexa un éxito de participación e de público.
A Xunta presenta o Camiño no festival brasileiro de Gramado
fai 9 anos
Trátase dunha feira turística exclusiva para profesionais que se celebra no (+)
Un Foro conmemorará o 25 aniversario da morte de Elías Valiña
fai 10 anos
Vilafranca do Bierzo acollerá en decembro un Foro Internacional sobre o legado (+)