Vinte e catro canteiros devolveron a praza do Obradoiro á súa función orixinal
fai 12 anos
No marco das iniciativas encamiñadas á difusión e revalorización dos oficios relacionados coa rehabilitación, convocouse o IV Concurso Canteiros no Obradoiro.
Os gañadores co xurado e co resto de canteiros participantes
Partindo dunha prancha irregular de granito de 80x50x20, os canteiros demostraron a súa destreza á hora de tallar unha lousa de granito, similar ás que conforman o pavimento da cidade histórica de Santiago. O primeiro premio, de 1.500 euros, foi para Francisco Cao Camino, canteiro da Estrada de 76 anos de idade. O gañador procedeu a marcar coa súa sinatura a pedra que lle deu a victoria e que será colocada durante algún dos traballos de mantemento dos pavimentos da cidade histórica.
Jorge Martínez Rivas, de Brión, recibiu un segundo premio de 600 euros e Daniel Soutullo Sampedro, de Sanxenxo, un terceiro de 400 euros. Ademais entregáronse cinco accésit, que foron para Juan Vázquez Pérez, de Porriño; José Manuel Pérez Fontán, de Pontevedra; Juan José Hermida Pazos, de Poio; Ignacio Carbajales Bouzón, de Teo; e Manuel Vigo Vázquez, de Santiago.
Volta ás orixes
O xurado tivo en conta, ademais do tempo empregado, a corrección na elaboración dos diferentes planos e dimensións, a corrección nos acabados, o emprego das ferramentas, o cumprimento das medidas de seguridade, a ergonomía no traballo e a organización e limpeza do posto de traballo.
O concurso, que devolveu por unha xornada á praza do Obradoiro a súa función orixinal e que lle deu nome, é dicir, a de “obradoiro” dos canteiros que traballaban na construción da Catedral, enmárcase nas iniciativas encamiñadas á difusión e revalorización dos oficios relacionados coa rehabilitación promovidos polo Consorcio de Santiago e a Fundación Laboral da Construción e vincúlase de forma especial ao programa “A Pedra que pisas”, posto en marcha en 2007 polo Consorcio de Santiago.
A Xunta presenta o Camiño no festival brasileiro de Gramado
fai 9 anos
Trátase dunha feira turística exclusiva para profesionais que se celebra no (+)
Un Foro conmemorará o 25 aniversario da morte de Elías Valiña
fai 10 anos
Vilafranca do Bierzo acollerá en decembro un Foro Internacional sobre o legado (+)