Hostalería Santiago presenta unha guía da cidade con rutas polo Camiño e as rías galegas
fai 12 anos
A "Guía oficial de Santiago de Compostela e comarca" foi editada pola Asociación Provincial de Empresarios de Restauración e Hospedaxe de Santiago, en colaboración co Concello, a Xunta e o departamento Turismo de Santiago.
Aser Álvarez, director de Comunicación da Asociación Hostelería Compostela, presentou a guía
A Guía oficial de Santiago de Compostela e comarca servirá para estender o interese turístico aos arredores da cidade, segundo explicou o director de comunicación da Asociación Hostalería Compostela, Aser Álvarez. Este manual permitirá non só achegar información útil para os visitantes da cidade, senón tamén fomentar a “prolongación das estancias”, explicou a concelleira de Economía, Comercio, Turismo e Mercados, Reyes Leis.
Así mesmo, este manual presenta información sobre os diferentes Camiños de peregrinaxe á capital galega, así como referencias sobre locais de restauración e aloxamento, clasificados por número de garfos e categorías. O presidente da rama de restauración da Asociación Hostalería Compostela, Jesús Sordo, destacou a “complexidade” que entraña o gran número de establecementos situados nos sete concellos que forman a comarca de Santiago.
Distribuiranse 100.000 copias desta guía de forma gratuíta nas dúas grandes portas de entrada do turismo a Compostela, o aeroporto de Lavacolla e o punto do Camiño Francés, O Pino. Ademais, os seus editores pensan na tradución a outros idiomas “principalmente inglés e francés”, debido ao aumento do turismo internacional en Compostela e a caída de visitantes nacionais.
A Xunta presenta o Camiño no festival brasileiro de Gramado
fai 10 anos
Trátase dunha feira turística exclusiva para profesionais que se celebra no (+)
Un Foro conmemorará o 25 aniversario da morte de Elías Valiña
fai 10 anos
Vilafranca do Bierzo acollerá en decembro un Foro Internacional sobre o legado (+)