PublicidadeNovagalicia banco
logo_menu

PROXECTO ACTUALIDADE PLANO

As Leccións Xacobeas Internacionais iniciaron a súa quinta edición na Universidade de Santiago

fai 12 anos

As V Leccións Xacobeas Internacionais na USC. Diáspora xacobea comezaron onte, xoves, a súa programación, incluída na Universidade de Verán da USC, e que se estenderá ata o vindeiro domingo baixo a dirección do profesor de Historia da Arte Miguel Taín.

O Paraninfo da Universidade de Santiago acolle as V Leccións Xacobeas

A inauguración celebrouse no Paraninfo da Universidade (Facultade de Xeografía e Historia) presidida polo reitor da USC, Juan Casares, e coa participación do xerente da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, José Paz; o deán da Catedral de Santiago, José María Díaz; e o director do curso. Asisten ademais representantes das entidades colaboradores como as asociacións galegas de Empresas e Profesionais da Conservación e Restauración de Bens Culturais ou a Profesional de Historiadores de Arte.

Os relatorios son impartidos por especialistas de institucións europeas relacionadas co xacobeo. Tras o inicio onte co estudo da difusión xacobea, en especial a peregrinación, a catedral e a festa do Apóstolo, hoxe falarase sobre os códices e manuscritos composteláns. Un dos relatores será Manuel R. Fernández, coordinador do Santiago Oculto dos Peregrinos e técnico do Xacobeo, que falará sobre os ritos e lendas xacobeas de Compostela na literatura odepórica.

A diáspora xacobea será a temática da sesión de mañá, sábado, cando intervirán expertos como a investigadora alemana Annette Münchmeyer, o profesor de Historia da Arte da Universidade de Málaga Juan Mª. Montijano ou Miguel Ángel Castillo, catedrático de Historia da Arte da Universidade Complutense.

Outras actividades

O curso rematará o domingo 29 cunha ruta a pé polo tramo entre Lira e Cabo de Fisterra guiada por socios da Asociación Galega de Amigos do Camiño de Santiago (Agacs), profesores da USC e ponentes das Leccións. A saída de Santiago terá lugar ás 9.00 h e ás 10.30 comezará a andaina, que rematará cunha viaxe en barco dende Fisterra para ver a ría e o solpor aos pés do cabo.

Ademais das leccións propiamente académicas, o programa contempla unha serie de actividades de índole cultural como visitas guiadas ao patrimonio xacobeo de Santiago, aos museos da Catedral, das Peregrinacións e de Santiago e outra coa explicación das restauracións do Coro Lígneo da Catedral de Santiago e os retablos da capela de Ánimas por parte dos seus autores. Tamén está prevista a proxección de dúas películas relacionadas coa temática do curso.

Ver todas as novas

A Xunta presenta o Camiño no festival brasileiro de Gramado

fai 9 anos

Trátase dunha feira turística exclusiva para profesionais que se celebra no (+)

Un Foro conmemorará o 25 aniversario da morte de Elías Valiña

fai 10 anos

Vilafranca do Bierzo acollerá en decembro un Foro Internacional sobre o legado (+)

PublicidadeAsociacion de Hosteleria de Santiago

PublicidadeHotel Monumento San Francisco
PublicidadeMultiusos Fontes do Sar