PublicidadeXacobeo
logo_menu

PROXECTO ACTUALIDADE PLANO

Feijóo recibe aos membros do Comité internacional de expertos do Camiño de Santiago

fai 12 anos

O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, recibiu hoxe ao Comité internacional de expertos do Camiño de Santiago con motivo do XX aniversario da institución. 

Reunión do Comité internacional de expertos do Camiño de Santiago

Entre as actividades realizadas polo Comité destaca a de asesoramento á Xunta de Galicia sobre toda clase de temas relacionados co Camiño de Santiago, a edición de publicacións científicas, a dirección e organización de congresos internacionais, a creación de novos proxectos e liñas de investigación adaptadas ás novas tecnoloxías, a produción de coñecemento e promoción do fenómeno xacobeo que os membros veñen realizando nos seus respectivos países, a creación e mantemento de centros de estudos xacobeos no estranxeiro, entre outros.

O presidente do Comité, Paolo Caucci von Saucken, informou na xuntanza de hoxe de diversos proxectos nos que traballa o grupo, como a organización dun seminario sobre o Códice Calixtino, a edición do terceiro número dea revista de investigación Ad Limina -cuxa publicación será en outono-, e outros proxectos relacionados coa conmemoración dos 800 anos da peregrinación de San Francisco a Santiago.

Base de Datos de Iconografía Xacobea

Así mesmo, na xuntanza de hoxe informouse ao presidente da Xunta que se traballa na creación dunha Base de Datos de Iconografía Xacobea denominada IAGO. Trátase dun novo proxecto que permitirá á S.A. de Xestión do Plan Xacobeo dispoñer dun corpus completo de iconografía xacobea consultable na rede e xerar o primeiro Thesaurus de iconografía xacobea; é dicir, reunir todas as imaxes de Santiago e toda a terminoloxía relacionada coa vida e lenda de Santiago e coas tradicións compostelás.

IAGO será unha ferramenta de grande utilidade para os investigadores e especialistas, pero tamén difundirá o patrimonio histórico, artístico e documental compostelán e europeo, contribuíndo á promoción do mundo xacobeo, a cidade e aos Camiños de Santiago.

O Comité internacional de Expertos do Camiño de Santiago foi fundado no ano 1992 para asesorar no campo científico e cultural á consellería competente en materia de Cultura de cara á celebración do Ano Santo Compostelán de 1993, que supuxo o punto de partida da revitalización do fenómeno xacobeo na época contemporánea. Para a elección dos seus nove membros iniciais seguiuse o criterio de elixir aos investigadores máis coñecidos internacionalmente no eido da temática xacobea.

Na primeira reunión foi nomeado presidente o profesor Paulo Caucci von Saucken que continúa ostentando o cargo. Rematado o Ano Santo 93, decidiuse a continuidade do Comité, que foi funcionando con diversos formatos e dedicándose a diversos temas ata que no ano 2009 se recuperou a relevancia das actividades orixinais, máis centradas na investigación, o mundo científico e as asociacións xacobeas. Desde entón, o xerente da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo desempeña o cargo de secretario, que ocupa actualmente Xosé Paz Gestoso.

Ver todas as novas

A Xunta presenta o Camiño no festival brasileiro de Gramado

fai 9 anos

Trátase dunha feira turística exclusiva para profesionais que se celebra no (+)

Un Foro conmemorará o 25 aniversario da morte de Elías Valiña

fai 10 anos

Vilafranca do Bierzo acollerá en decembro un Foro Internacional sobre o legado (+)

PublicidadeApecsa

PublicidadeRestaurante Calderon
PublicidadeCasa Pepe