Por segundo mes consecutivo Santiago rexistra en xuño máis pernoctacións de turistas estranxeiros que españois
fai 12 anos
Despois de que maio rexistrase máis pernoctacións de estranxeiros que de turistas nacionais, en xuño volveu a repertirse, por segundo mes consecutivo, esta situación, segundo os datos do INE.
É o mellor dato de pernoctacións internacionais en xuño dende que o INE fai a estatística.
O número de estranxeiros que pasaron a noite en Compostela aumentou nun 28,14 % respecto do mes de xuño do ano pasado, ao contabilizarse un total de 57.638 pernoctacións internacionais, a cifra máis alta alcanzada nun mes de xuño, superando incluso as do Ano Santo 2010.
Pola contra, o turismo doméstico continúa a verse afectado pola crise económica que atravesa España e que está impactando a todo o sector turístico do país, de tal xeito que o número de pernoctacións nacionais na cidade disminiu en xuño un 21,43 % respecto do mesmo mes do ano pasado. En total houbo 55.910, o que fai deste mes o peor da serie histórica en pernoctacións domésticas.
Pernoctaciones en xuño
Internacional Doméstico
2012 - 57.638 55.910
2011 - 44.979 71.160
2010 - 45.333 96.623
2009 - 41.782 70.016
2008 - 41.029 66.582
2007 - 46.566 61.040
2006 - 37.812 57.753
2005 - 47.817 67.771
Sumando ambas categorías, Santiago chegou ás 113.548 pernoctacións, un 2,23 % menos que en 2011. Con estes datos do INE, no mes de xuño confírmase a tendencia que está a vivir a demanda turística da cidade neste ano: aumento do turismo internacional, alcanzado as mellores cifras dende que hai datos do INE, e descenso do turismo doméstico, que pola contra ten os peores datos da serie histórica. Así, no primeiro semestre o turismo internacional sumou 179.153 pernoctacións, un 17,19 % máis que no 2011, sendo o mellor primeiro semestre da serie. O turismo doméstico sumou 286.900, sendo o peor da serie.
Estes datos coinciden cos que se producen tanto no aeroporto de Lavacolla como na chegada de peregrinos a cidade. Segundo os datos de AENA, no mes de xuño o número de pasaxeiros nas conexións internacionais do aeroporto aumentou un 13,7 % respecto de xuño do ano pasado. E segundo a Oficina de Acollida do Peregrino, no mes de xuño o 58,68 % das persoas que recolleron a compostela foron estranxeiros, fronte ao 41,32 de españois.
A Xunta presenta o Camiño no festival brasileiro de Gramado
fai 9 anos
Trátase dunha feira turística exclusiva para profesionais que se celebra no (+)
Un Foro conmemorará o 25 aniversario da morte de Elías Valiña
fai 9 anos
Vilafranca do Bierzo acollerá en decembro un Foro Internacional sobre o legado (+)