PublicidadeUSC
logo_menu

PROXECTO ACTUALIDADE PLANO

O conselleiro de Cultura defende a conservación patrimonial na inauguración do Museo das Peregrinacións e de Santiago

fai 12 anos

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, inaugurou o edificio do Banco de España, situado na praza de Praterías de Santiago, que foi rehabilitado para convertelo na sede do Museo das Peregrinacións e de Santiago. 

Xa se pode visitar a antiga sede do Banco de España que acollerá o Museo das Peregrinacións

Para que o novo edificio pase a ser o Museo das Peregrinacións o Consorcio de Santiago deberá cedelo ao Estado e este á Xunta de Galicia, administración que elaborou durante os últimos anos o seu Plan Museolóxico, que senta as bases para a nova sede expositiva.

Durante a inauguración, o conselleiro de Cultura asegurou que “esta fantástica sede” permitirá “que moita máis xente e, concretamente, moitos máis peregrinos se acheguen a coñecer mellor a cidade que cordialmente os recibe e acolle, Santiago, e a historia da que, xa por dereito propio, forman parte, a historia Xacobea”.

Ademais Vázquez Abad destacou que coa inauguración desta nova sede expositiva “avánzase tamén polo camiño axeitado na promoción de políticas de conservación e posta en valor do noso patrimonio”, xa que mostrar e explicar o pasado “é o primeiro paso para aprender a respectalo, coidalo e transmitilo ás xeracións vindeiras”. Ademais destacou que o turismo cultural é un “importante motor para o desenvolvemento da nosa comunidade”.

Na inauguración tamén estiveron presentes o secretarios xerais técnico e de Cultura, Jesús Oitaven e Anxo Lorenzo, respectivamente; o director xeral de Patrimonio, José Manuel Rey Pichel; así como o director do Museo das Peregrinacións, Bieito Pérez, xunto con representantes do concello e o Consorcio de Santiago, e membros do goberno central representantes do Ministerio de Hacienda e de Fomento.

Plan Museolóxico

Aqueles que se acheguen ata o inmoble que xa abriu as súas portas, poderán visitar as instalacións e contemplar a exposición preparada polo Museo das Peregrinacións e de Santiago baixo o título “Paso a paso. Os Camiños de Santiago no Camiño de Santiago”.

O Museo das Peregrinacións, creado en 1951, é unha  institución museística nacional e centro de documentación, investigación e interpretación de Santiago e das peregrinacións, de titularidade estatal e xestionado pola Xunta de Galicia a través da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Ver todas as novas

A Xunta presenta o Camiño no festival brasileiro de Gramado

fai 9 anos

Trátase dunha feira turística exclusiva para profesionais que se celebra no (+)

Un Foro conmemorará o 25 aniversario da morte de Elías Valiña

fai 10 anos

Vilafranca do Bierzo acollerá en decembro un Foro Internacional sobre o legado (+)

PublicidadeAsociacion de Amigos del Camino

PublicidadeHotel Monumento San Francisco
PublicidadeCasa Pepe