PublicidadeXacobeo
logo_menu

PROXECTO ACTUALIDADE PLANO

Alumnos do Centro de Estudos Galegos de Kiel participan nunha Xornada de Estudos Xacobeos na Coruña

fai 12 anos

A S. A. de Xestión do Plan Xacobeo patrocina a Xornada de Estudos Xacobeos que ao longo de hoxe tivo lugar no auditorio dos Museos de Galicia, na rúa Sinagoga da Coruña. 

Cartel da Xornada desenvolvida hoxe na Coruña

A Xornada empezou cunha conferencia de Felipe Senén, da Deputación da Coruña, titulada “Introdución á cultura de Galicia”. A continuación proxectouse un documental e a partires das 20.00 horas desenvolveuse a mesa redonda que baixo o lema “A Coruña, porto Xacobeo”, acolleu as intervencións do técnico da S. A. de Xestión do Plan Xacobeo Manuel Rodríguez, do xornalista Cristóbal Ramírez, do mesmo Felipe Senén da Deputación da Coruña e do responsable do Centro de Estudos Galegos e profesor da universidade de Kiel, Javier Gómez-Montero.

O Centro de Estudos Galegos de Kiel é o organizador dos actos que se inclúen no programa de visitas que un grupo de vinte alumnos desa universidade alemá está a realizar por terras galegas co propósito de coñecer in situ o mundo das peregrinacións xacobeas.

As xornadas encádranse nun amplo programa de actividades que o CEG de Kiel organizou con motivo da visita de estudos a Galicia, do 17 ao 29 de xullo, do alumnado do lectorado de galego desta universidade alemá. Dentro do programa os alumnos percorreron diversas etapas e lugares emblemáticos dos Camiños, visitaron cidades e vilas xacobeas significativas e asistiron a diversas charlas e conferencias.

Entre as actividades máis salientables, destaca a conferencia que impartiu Antonio de Toro sobre “As literaturas inglesa e irlandesa” no Camiño de Santiago ou o roteiro urbano guiado pola Coruña xacobea. Tamén, o percorrido literario que realizarán o próximo día 27 de xullo por Santiago e a asistencia á charla que dará ao día seguinte na mesma cidade Valentín García, secretario xeral de Política Lingüística, titulada “A lingua galega no Camiño”. O programa remata o 29 de xullo cunha excursión a Fisterra e unha andaina de 12 quilómetros pola ría de Lires.

Ver todas as novas

A Xunta presenta o Camiño no festival brasileiro de Gramado

fai 9 anos

Trátase dunha feira turística exclusiva para profesionais que se celebra no (+)

Un Foro conmemorará o 25 aniversario da morte de Elías Valiña

fai 9 anos

Vilafranca do Bierzo acollerá en decembro un Foro Internacional sobre o legado (+)

PublicidadeClub Financero de Santiago

PublicidadeRestaurante Calderon
PublicidadeRestaurante O Dezaseis