Inaugúrase o novo Museo das Peregrinacións e de Santiago
fai 11 anos
O alcalde de Santiago, Ángel Currás, inaugura este mediodía a nova sede do Museo das Peregrinacións e de Santiago. O novo edificio xorde da remodelación do antigo, que albergaba o Banco de España e foi proxectado polo arquitecto Manuel Gallego.

A nova sede do Museo das Peregrinacións abre hoxe as súas portas na praza de Praterías
O Museo nace para dotar á cidade dun espazo cultural no que se recollan as manifestacións máis importantes do fenómeno da peregrinación, especialmente todo aquilo que se refire ao culto e cultura xacobea, así como para establecer un centro onde se conte a evolución e desenvolvemento da cidade de Santiago.
Pendente aínda de configurar o seu contido, o novo museo inaugúrase cunha exposición extraordinaria sobre Santiago no século XIII. Baixo o título de Compostella dicitur. A cidade da Catedral, a mostra componse de maquetas físicas e interactivas, así como paneis explicativos e reconstruccións virtuais do aspecto da cidade e da Catedral na idade media.
De forma complementaria, unha das salas do museo acolle unha pequena creación videográfica de Gabriel Díaz titulada Paso a paso, organizada polo actual equipo do Museo das Peregrinacións.
A Xunta presenta o Camiño no festival brasileiro de Gramado
fai 8 anos
Trátase dunha feira turística exclusiva para profesionais que se celebra no (+)
Un Foro conmemorará o 25 aniversario da morte de Elías Valiña
fai 9 anos
Vilafranca do Bierzo acollerá en decembro un Foro Internacional sobre o legado (+)