O Museo das Peregrinacións acolle a mostra "Arte e ritual na Catedral de Santiago"
fai 10 anos
A mostra, do fotógrafo e artista plástico coruñés Luis López ‘Gabú’, está composta por 39 suxestivas imaxes. Estará aberta ao público ata o próximo 6 de xuño e despoisa viaxará a Toquio da man do Instituto Cervantes.
Un momento da inauguración da mostra
O novo Museo das Peregrinacións e de Santiago acolle desde hoxe a exposición Arte e ritual na Catedral de Santiago, do coruñés Luis López ‘Gabú’. Na inauguración o conselleiro de Educación e Cultura felicitou ao artista “por ese don natural, tan intensamente traballado, que ten para captar a esencia do ser humano, nas súas expresións máis elevadas nos espazos das rutas xacobeas e da propia Catedral de Santiago”.
A exposición divídese en dúas seccións: a homónima “Arte e ritual na Catedral de Santiago” e “O Camiño”. Ambas reúnen unha escolma de 39 fotografías que ofrecen algúns dos aspectos esenciais, estéticos e rituais, do templo compostelán, así como unha perspectiva anovadora e persoal, tinxida de poesía e espiritualidade, sobre o fenómeno xacobeo e as peregrinacións.
As imaxes, resultado da experiencia e das investigacións levadas a cabo polo artista, foron captadas durante 2010 e reflicten con precisión e intensidade os instantes vividos, configurados pola presenza dos peregrinos na súa viaxe ou inmersos na relixiosidade envolvente dos rituais no espazo catedralicio.
A Xunta presenta o Camiño no festival brasileiro de Gramado
fai 9 anos
Trátase dunha feira turística exclusiva para profesionais que se celebra no (+)
Un Foro conmemorará o 25 aniversario da morte de Elías Valiña
fai 10 anos
Vilafranca do Bierzo acollerá en decembro un Foro Internacional sobre o legado (+)