PublicidadeXacobeo
logo_menu

PROXECTO ACTUALIDADE PLANO

Turismo de Galicia promociona o Camiño de Santiago en México

fai 10 anos

O Camiño de Santiago presentouse en León, no estado mexicano de Guanajuato, dentro do III Foro nacional de Turismo e Cultura, Kultur, como un exemplo mundial no ámbito do turismo cultural.

Nava Castro na presentación de 2013 do mesmo foro

Camen Pita, directora de Promoción de Turismo de Galicia, foi a encargada de presentar o relatorio Peregrinos e peregrinación no Camiño de Santiago: planificación e xestión, dentro do panel dedicado ao fenómeno das peregrinacións no mundo.

Pita fixo un repaso histórico da ruta xacobea, desde a idade media ata a actualidade, abordando as disintas etapas que viviu o fenómeno das peregrinacións a Compostela e salientou a contribución do Camiño na vertebración de Europa.

A directora de Promoción de Turismo de Galicia pechou o seu repaso pola historia do Camiño referíndose aos primeiros anos do século XXI, como os dun “rexurdimento da peregrinación occidental, protagonizado, como no século XII, por xentes de distinta condición e nación que comparten e difunden a mensaxe milenaria de entendemento e concordia, de tolerancia e mutuo acordo, que exemplifica o fenómeno xacobeo”.

Logo do relatorio tivo lugar unha mesa redonda na que participaron expertos mexicanos sobre o fenómeno das peregrinacións e o feito relixioso.

A xestión da Ruta Xacobea

Parte do relatorio de Carmen Pita centrouse no traballo da Xunta de Galicia nos anos santos de 1993, 1999, 2004 e 2010, salientando o plan de promoción do ano 1991-1992 no que se traballo na preparación do Xacobeo 93, que tivo en conta o coidado da traza do Camiño Francés, a súa sinalización, limpeza, restauración do patrimonio e a creación dunha rede de albergues públicos para os peregrinos que percorren o Camiño a pé.

Tamén se referiu aos anos seguintes nos que se apostou pola rehabilitación e valorización da Ruta, coa restauración do patrimonio e a dotación de albergues, así como un programa de promoción que se estendeu ás outras rutas do Camiño en Galicia.

Finalmente explicou as liñas básicas dos distintos plans desenvolvidos pola administración galega para recuperar o camiño físico, rehabilitar o patrimonio cultural do Camiño Francés, a rede de albergues, a dinamización cultural e o programa de exposicións e mostras promocionais, e os museos, coleccións visitables e centros de interpretación asociados ao Camiño.

Ver todas as novas

A Xunta presenta o Camiño no festival brasileiro de Gramado

fai 9 anos

Trátase dunha feira turística exclusiva para profesionais que se celebra no (+)

Un Foro conmemorará o 25 aniversario da morte de Elías Valiña

fai 9 anos

Vilafranca do Bierzo acollerá en decembro un Foro Internacional sobre o legado (+)

PublicidadeClub Financero de Santiago

PublicidadeHotel Monumento San Francisco
PublicidadeRestaurante Don Gaiferos