PublicidadeNovagalicia banco
logo_menu

PROXECTO ACTUALIDADE PLANO

As rutas xacobeas gañan protagonismo en Europa

fai 10 anos

O PPdeG vén de destacar o protagonismo que están a ganar as rutas xacobeas en Europa, grazas ao labor do eurodeputado Francisco Millán Mon a través do Intergrupo Camiños de Santiago.

A agrupación, que Millán Mon impulsou e preside, mantivo unha xuntanza esta semana para compartir as experiencias do peregrino belga, Werner van Zuylen, un cidadán europeo que o pasado ano camiñou desde Moscú ata Santiago de Compostela. Esta longa viaxe, que comezou o 15 de xullo na praza Roja de Moscú, rematou o 15 de decembro en Santiago, tras percorrer 4.500 quilómetros.

Van Zuylen compartiu cos eurodeputados algunhas das súas experiencias durante os cinco meses da súa viaxe, que realizou en solitario, pernoctando nunha tenda de campaña e intentando evitar grandes cidades.  Así mesmo, precisou que a parte española do Camiño a fixo seguindo a ruta xacobea francesa.

Posteriormente, contestou ás numerosas preguntas plantexadas polos eurodeputados asistentes á xuntanza e adiantoulles que está elaborando un libro sobre as súas vivencias, cuxa publicación está prevista para o mes de setembro.

Este tipo de xuntanzas pretenden divulgar o papel que os Camiños de Santiago desempeñaron na creación da cultura europea e dunha identidade europea común. Ademais, os eurodeputados que compoñen esta agrupación tamén se comprometen a efectuar contactos e intercambios cos lugares e institucións vinculados aos Camiños de Santiago, así como cos expertos nesta materia e a estimular a identificación, recuperación e sinalización dos mesmos en Europa.

Os populares lembran que xa nos anos 90 se constituíra no Parlamento Europeo un primeiro Intergrupo Camiño de Santiago, que presidiu o daquela eurodeputado, Gerardo Fernández Albor. Por tanto, a constitución deste novo intergrupo supón recuperar a presenza dos Camiños de Santiago entre os deputados da Eurocámara, renovando a actividade desenvolvida pola agrupación en etapas anteriores. 

Ver todas as novas

A Xunta presenta o Camiño no festival brasileiro de Gramado

fai 9 anos

Trátase dunha feira turística exclusiva para profesionais que se celebra no (+)

Un Foro conmemorará o 25 aniversario da morte de Elías Valiña

fai 9 anos

Vilafranca do Bierzo acollerá en decembro un Foro Internacional sobre o legado (+)

PublicidadeClub Financero de Santiago

PublicidadeHotel Balneario Compostela
PublicidadeBodeguilla de San Roque