PublicidadeXacobeo
logo_menu

PROXECTO ACTUALIDADE PLANO

A última etapa do Camiño protagonista do MediaSan

fai 10 anos

O medio maratón “MediaSan do Camiño” unirá este domingo 13 de abril os concelllos do Pino e Santiago a través da última etapa do Camiño. 

Camiseta e bolsa do MediaSan

Será a primeira vez que na capital de Galicia se celebre unha proba deste tipo que ademais conta cun percorrido de excepción, ao discorrer pola última etapa do Camiño de Santiago. Os Concellos de Santiago e do Pino, xunto coa Federación Galega de Atletismo, organizan esta carreira de 21 quilómetros con saída da localidade de Arca-O Pedrouzo, últimopunto do Camiño, e meta no Estadio Multiusos de San Lázaro.

Cada participante deberá recoller no Centro Comercial Compostela (El Corte Inglés – Hipercor) a bolsa de corredor co seu dorsal/chip. Os días para facelo serán o venres 11 e sábado 12 de abril de 10:00 a 22:00 horas. De xeito opcional permitirase a recollida o día da proba entre ás 8:00 e as 9:30 horas no Estadio Municipal Multiusos de San Lázaro.

Esta carreira conta con diferentes categorías que van dende junior ata veteranos maiores de 65 anos. Podrán participar todos aquelas persoas nadas entre 1995-1996, pertencentes á categoría junior, en adiante.

Premios
A proba premiará os seis primeiros clasificados, nas clasificacións Xeral Absoluta e por Categorías Masculinas e Femeninas cun premio que vai dende os 50 euros ata os 300 euros en caso de resultar gañador do maratón. Ademais, os tres primeiros postos de clubes federados recibirán unha cuantía de 300, 200 e 100 euros respectivamente.

A inscrición para participar neste I Media Maratón de Santiago, chamada a converterse nunha proba de referencia na cidade e na que se espera unha gran afluencia de participantes, estará aberta ata o xoves 10 na páxina web www.carreirasgalegas.com.

Ver todas as novas

A Xunta presenta o Camiño no festival brasileiro de Gramado

fai 9 anos

Trátase dunha feira turística exclusiva para profesionais que se celebra no (+)

Un Foro conmemorará o 25 aniversario da morte de Elías Valiña

fai 10 anos

Vilafranca do Bierzo acollerá en decembro un Foro Internacional sobre o legado (+)

PublicidadeGadis

PublicidadeHotel Monumento San Francisco
PublicidadeOral Group