PublicidadeUSC
logo_menu

PROXECTO ACTUALIDADE PLANO

A American Pilgrims of the Camino celebrou o seu décimo sétimo encontro

fai 9 anos

O xerente da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, Rafael Sánchez, interveu cun relatorio no Annual Gathering of Pilgrims da asociación norteamericana de amigos do Camiño, American Pilgrims of the Camino, celebrado en Illinois.

Bargiela dedicou a súa intervención a programación do VIII Centenario da Peregrinación de San Francisco de Asís a Santiago, unha ampla axenda artística, cultural, expositiva e musical na que se inclúe a organización do I Encontro Internacional de Asociacións de Amigos do Camiño de Santiago.

O xerente do Xacobeo convidou aos membros e representantes das diferentes agrupacións que compoñen esta amplísima asociación norteamericana –que conta con máis de 21 asociacións locais noutras tantas cidades dos Estados Unidos– a participar neste gran evento internacional que se celebrará en Santiago de Compostela en maio de 2015.

Tamén trasladou o agradecemento da Xunta de Galicia a colectivos como American Pilgrims, polo intenso labor de difusión do fenómeno de peregrinación a Santiago, así como pola promoción do destino Galicia que repercute no constante incremento da cifra de camiñantes estranxeiros.

Previamente á celebración das conferencias, o xerente do Xacobeo reuniuse cos responsables da asociación para abrir novas vías de colaboración en temas relacionados coa hospitalidade e a difusión do Camiño a través da organización de exposicións e accións de cooperación en redes sociais e publicacións.

American Pilgrims é unha das principais entidades de Amigos do Camiño que existen na actualidade, tanto en relación ao seu volume de asociados –máis de 2.000– como no volume de actividades que desenvolven para promover e difundir a cultura xacobea. Dende Estados Unidos chegaron 10.125 peregrinos en 2013 e é o cuarto país estranxeiro en canto á procedencia dos peregrinos.

Ver todas as novas

A Xunta presenta o Camiño no festival brasileiro de Gramado

fai 9 anos

Trátase dunha feira turística exclusiva para profesionais que se celebra no (+)

Un Foro conmemorará o 25 aniversario da morte de Elías Valiña

fai 9 anos

Vilafranca do Bierzo acollerá en decembro un Foro Internacional sobre o legado (+)

PublicidadeAsociacion de Amigos del Camino

PublicidadeHotel Monumento San Francisco
PublicidadeRestaurante O Dezaseis