PublicidadeUSC
logo_menu

PROXECTO ACTUALIDADE PLANO

Un paseo literario mostrará citas de grandes escritores sobre Santiago e o Camiño

fai 10 anos

O Concello de Santiago quere destacar citas sobre Santiago e o Camiño de grandes escritores da literatura universal mediate a creación dun "paseo literario" na Alameda. 

Poucas cidades poden dicir que os máis grandes escritores de todos os tempos falaron dela. En libros da importancia do Cantar do Mío CidA Divina Comedia, Os contos de CanterburyO QuixoteViaxe a Italia ou o Ulises hai referencias á cidade polo que, como sinalou o alcalde, era preciso facer que este patrimonio inmaterial se materializara para que cidadáns e visitantes sexan conscientes da importancia de Santiago na historia cultural de Europa.

A iniciativa, presentada polo rexedor, Ángel Currás, e a concelleira de Desenvolvemento urbano sostible, María Pardo, situarase entre entre a Porta dos Leóns e a estatua de Rosalía da Alameda compostelá. Neste tramo instalaranse pedras gravadas coas citas máis relevantes. Xa se colocaron as dúas primeiras, a de Dante en Vita Nuova –"Pero en verdade se chaman peregrinos en canto van á casa de Galicia porque a sepultura de Santiago fíxose máis lonxe da súa patria que a de ningún outro apóstolo"–; e unha de Rosalía sobre o Pórtico da Gloria, ao pé da súa estatua. Serán polo tanto dous paseos, un no que se recollan as citas de autores galegos e outro coas de autores españois e do resto do mundo.

A proposta estenderase a outros puntos da cidade, xa que se porá un busto de Valle-Inclán na praza de Galicia, lembrando a súa presenza en Compostela o seu último ano de vida e as súas tertulias no vello Derby. E non podería faltar a cita atribuída a Goethe –"Europa fíxose peregrinando a Compostela"–, que se ubicará na Porta do Camiño, onde xa se atopa unha placa coa declaración do Camiño como Patrimonio da Humanidade, e que poderá lerse en seis idiomas.

Esta actuación complétase co libro Compostela, mil años de literatura, que recolle todas as citas e textos dos grandes autores da literatura univesal sobre a cidade de Santiago e o Camiño. Tanto o alcalde como a concelleira María Pardo sinalaron a importancia de iniciativas como estas para poñer en valor o patrimonio inmaterial da nosa cidade, así como a súa vertente didáctica. O proxecto realizouse en colaboración coa Fundación Laboral da Construción.

Ver todas as novas

A Xunta presenta o Camiño no festival brasileiro de Gramado

fai 9 anos

Trátase dunha feira turística exclusiva para profesionais que se celebra no (+)

Un Foro conmemorará o 25 aniversario da morte de Elías Valiña

fai 10 anos

Vilafranca do Bierzo acollerá en decembro un Foro Internacional sobre o legado (+)

PublicidadeAsociacion de Amigos del Camino

PublicidadeHostal dos Reis Catolicos
PublicidadeOral Group