PublicidadeTurgalicia
logo_menu

PROXECTO ACTUALIDADE PLANO

Xornadas de portas abertas no convento de San Francisco

fai 10 anos

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro foi a encargada de inaugurar as Xornadas de Portas Abertas no convento de San Francisco de Santiago, unha actividade que se enmarca nos actos conmemorativos do VIII Centenario da Peregrinación de San Francisco de Asís a Compostela.

Museo de Terra Santa que alberga o convento

As persoas interesadas poderán visitar o convento dende este mércores 26 de marzo, ata o domingo día 30. O horario de apertura ao público será de 10 a 13 horas e de 17 a 20 h. Ademais, realizaranse diariamente visitas guiadas ás 12 e ás 19 h. Un frade será o encargado de transmitir a historia do convento a través dun percorrido polo tempo.

Veranse os restos arqueolóxicos da igrexa do s. XIII, os claustros cunha interesante mostra de documentos e obxectos litúrxicos, os arcos góticos do s. XIII, a antiga sala capitular, o refectorio, a igrexa e o museo de Terra Santa. A duración do percorrido é dunha hora e quince minutos.

Na intervención inaugural Castro incidiu na importancia da figura de Francisco de Asís para a difusión e internacionalización do Camiño, así como na relevancia de preservar e difundir o seu legado patrimonial, histórico e artístico. Tamén comentou que a programación do VIII Centenario de San Francisco de Asís a Santiago contribuirá á posta en valor dos recursos culturais asociados ao santo de Asís e á Orde que fundou, así como á dinamización turística e cultural do noso territorio.

Con motivo desta conmemoración poden verse tamén xa en Compostela as mostras Auga Doce e Peregrinatio. O Camiño de San Francisco a Santiago, e nos próximos meses abrirá as súas portas On the Road e terá lugar a primeira Travesía Náutica Xacobea, ademais de dúas relevantes citas congresuais: o I Congreso Internacional sobre Peregrinacións e Turismo e os actos do I Cumio de Asociacións de Amigos do Camiño de Santiago, toda unha homenaxe a décadas de difusión e promoción nacional e internacional da Ruta Xacobea.

Ver todas as novas

A Xunta presenta o Camiño no festival brasileiro de Gramado

fai 9 anos

Trátase dunha feira turística exclusiva para profesionais que se celebra no (+)

Un Foro conmemorará o 25 aniversario da morte de Elías Valiña

fai 9 anos

Vilafranca do Bierzo acollerá en decembro un Foro Internacional sobre o legado (+)

PublicidadeAsociacion de Hosteleria de Santiago

PublicidadeHostal dos Reis Catolicos
PublicidadeRestaurante O Dezaseis