#Galiciaelbuencamino
fai 10 anos
O hagstag #Galiciaelbuencamino será a clave das comunicacións online e o factor común de todas as recomendacións que se acheguen ás campañas de Turismo de Galicia, especialmente nas contas das redes sociais da entidade.
A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, presentou a nova campaña de Turismo para este 2014 que complementa a que leva por título “Galicia, o bo camiño” que alcanzara 468 millóns de contactos publicitarios. A nova campaña divídese en tres fases e desenvolverase ao longo do ano a través dunha estratéxica combinación de soportes e accións on e off line a nivel autonómico, nacional e internacional.
Malia que se trata de obxectivos distintos á promoción do Camiño de Santiago, a nova campaña terá como clave o hagstag #Galiciaelbuencamino, que estará presente en todas as comunicacións de Turismo de Galicia.
Os medios de comunicación, soportes e formatos de campaña foron seleccionados pola súa afinidade cos obxectivos de comunicación de campaña. Ademais, tívose en conta a cobertura que ofrecen, buscando unha elevada notoriedade, de xeito que a campaña sexa asimilada e recordada polo público obxectivo.
A Xunta presenta o Camiño no festival brasileiro de Gramado
fai 9 anos
Trátase dunha feira turística exclusiva para profesionais que se celebra no (+)
Un Foro conmemorará o 25 aniversario da morte de Elías Valiña
fai 10 anos
Vilafranca do Bierzo acollerá en decembro un Foro Internacional sobre o legado (+)