O Camiño e o centenario da peregrinación de San Francisco promociónanse en Berlín
fai 10 anos
A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, asiste a presentacións e encontros de traballo na Feira ITB de Berlín para difundir a oferta turística de Galicia no mercado alemán.
Desde hoxe, 5 de marzo, ata o día 9, celébrase en Berlín a feira ITB, un dos mercados turísticos máis importantes do mundo xunto con Fitur e a World Travel Market (WTM) de Londres. Neste evento Turismo de Galicia promocionará os valores turísticos galegos de xeito global e o Camiño de Santiago en particular.
Ademais, prestará unha especial atención á difusión da celebración do VIII Centenario da peregrinación de San Francisco de Asís a Compostela e fará especial fincapé nos produtos relacionados coa natureza e o turismo de costa, así como o turismo cultural que, xunto co Camiño de Santiago, é o que ten máis interese para os turistas alemáns.
A participación neste certame permitirá influír no mercado turístico alemán, un dos mercados internacionais máis importante para a comunidade galega, xa que o 11,9 % dos estranxeiros que se aloxaron en establecementos regrados de Galicia o ano pasado foron alemáns.
Esta nacionalidade situouse no segundo lugar despois dos portugueses en ocupación nos establecementos turísticos regrados en Galicia en 2014, segundo os datos do Instituto Nacional de Estatística. En todo o 2013 chegaron a Santiago un total de 16.203 peregrinos procedentes de Alemaña, o que supón o peso do 7,5 % do total das nacionalidades, sendo o primeiro país estranxeiro no ranking de compostelas recollidas na Oficina do Peregrino de Santiago.
A Xunta presenta o Camiño no festival brasileiro de Gramado
fai 9 anos
Trátase dunha feira turística exclusiva para profesionais que se celebra no (+)
Un Foro conmemorará o 25 aniversario da morte de Elías Valiña
fai 10 anos
Vilafranca do Bierzo acollerá en decembro un Foro Internacional sobre o legado (+)