PublicidadeTurismo de Santiago
logo_menu

PROXECTO ACTUALIDADE PLANO

León acolle unha exposición sobre a peregrinación de San Francisco a Santiago

fai 10 anos

Este luns, 3 de marzo, chega a León a exposición Peregrinatio. O Camiño de San Francisco a Santiago que se expuxo por primeira vez en decembro na localidade francesa de Narbona no marco dos actos conmemorativos do VIII Centenario da Peregrinación de San Francisco de Asís a Santiago.

A exposición está organizada por Turismo de Galicia a través da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo dentro do convenio de colaboración que mantén co Banco Etcheverría. A mostra poderá visitarse desde hoxe na sala municipal de exposicións San Marcelo, na praza San Marcelo da capital leonesa. Alí permanecerá ata o 2 de abril. 

A mostra componse de 50 fotografías e un audiovisual de 10 minutos dos artistas de Monforte de Lemos Manuel Valcárcel, fotógrafo, e Alexandre González, músico. A exposición conta tamén con música orixinal e é o froito da viaxe de ambos artistas galegos a traveso dunhas rutas xacobeas de dilatada historia e tradición. É unha viaxe contemporánea realizada co propósito de impregnarse, cos cinco sentidos alerta, na intimidade duns lugares históricos que forman parte substancial da nosa memoria cultural.

A mostra reflicte unha viaxe intensa e moi vivida por Italia, o sur de Francia, o norte de España e a Galicia xacobea seguindo a ruta que fixo San Francisco de Asís no ano 1214 ata Compostela nunha peregrinación moi particular na que ambos artistas se amosan atentos á tradición cultural e á sensibilidade relixiosa que impregnan os lugares e os camiños.

Exposición sobre o Calixtino en Le-Puy-en-Vélay
A exposición didáctica Á luz do Calixtino. O Códice de Santiago, sobre a historia e os contidos do Códice Calixtino, a Catedral e a cidade de Santiago no século XII e unha síntese da historia do Camiño de peregrinación e os seus valores culturais, remata a súa itinerancia iniciada en Barcelona no ano 2012 coa súa chegada á localidade francesa de Le Puy-en-Velay.

A exposición, organizada por Turismo de Galicia a través da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, permanecerá ata o 11 de maio no Hotel-Dieu, no número 2 da Rue Becdeliévre. Adeline Rucquoi, presidenta da Sociedade Francesa de Amigos de Santiago e membro do Comité de Expertos dos Camiños de Santiago, ofreceu unha conferencia sobre o fenómeno xacobeo.

Na organización deste evento colaboran con Turismo de Galicia a Fundación Catedral de Santiago, a Federación Europea dos Camiños de Santiago e, nesta ocasión, o Hotel-Dieu de Le Puy-en- Velay. 

A andaina europea desta exposición remata tras percorrer durante 2013 as localidades italianas de Nápoles; Palermo, e Bari. En Alemaña iniciou unha xira en Stuttgart e despois foi a Würzburg. En canto ao noso país, estivo en Barcelona, Madrid, León, Pamplona, Málaga, Oviedo, Valencia e Baiona.

Ver todas as novas

A Xunta presenta o Camiño no festival brasileiro de Gramado

fai 10 anos

Trátase dunha feira turística exclusiva para profesionais que se celebra no (+)

Un Foro conmemorará o 25 aniversario da morte de Elías Valiña

fai 10 anos

Vilafranca do Bierzo acollerá en decembro un Foro Internacional sobre o legado (+)

PublicidadeFundacion La Rosaleda

PublicidadeHostal dos Reis Catolicos
PublicidadeCamping As Cancelas