PublicidadeTurgalicia
logo_menu

PROXECTO ACTUALIDADE PLANO

O Xacobeo e a Catedral colaboran no VIII Centenario da Peregrinación de San Francisco de Asís

fai 10 anos

O xerente da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, Rafael Sánchez , e mais o deán presidente do Cabildo da Catedral de Santiago, Segundo Pérez, mantiveron un encontro de traballo para abordar aspectos de interese común.

A xuntanza enmárcase na rolda de contactos que está a manter o novo xerente da sociedade, dende a súa incorporación ao cargo. No encontro abordáronse asuntos relacionados cos traballos de organización dos actos conmemorativos do VIII Centenario da Peregrinación de San Francisco de Asís a Santiago, que se celebra dende mediados de 2013 ata mediados de 2015 e que inclúe múltiples eventos congresuais, expositivos, culturais e artísticos.

Entre os aspectos abordados no encontro estiveron o II Congreso Internacional de Acollida Cristiá e Nova Evanxelización no Camiño de Santiago, que se celebrará a finais de abril no Instituto Teolóxico Compostelán.

Ao tempo que se comentaron asuntos relacionados con proxectos expositivos e se analizaron aspectos que competen a ambas institucións relacionados coa formación de hospitaleiros das Rutas Xacobeas, así como coa colaboración na publicación do Anuario Sancti Iacobi.

Ver todas as novas

A Xunta presenta o Camiño no festival brasileiro de Gramado

fai 10 anos

Trátase dunha feira turística exclusiva para profesionais que se celebra no (+)

Un Foro conmemorará o 25 aniversario da morte de Elías Valiña

fai 10 anos

Vilafranca do Bierzo acollerá en decembro un Foro Internacional sobre o legado (+)

PublicidadeAsociacion de Hosteleria de Santiago

PublicidadeHotel Balneario Compostela
PublicidadeMultiusos Fontes do Sar