PublicidadeTurismo de Santiago
logo_menu

PROXECTO ACTUALIDADE PLANO

Nova Asociación de Amigos do Camiño en Croacia

fai 10 anos

A creación da nova asociación anunciouse na reunión do Intergrupo Camiños de Santiago do Parlamento Europeo celebrada o día 6, na que o eurodeputado croata Davor Stier expuxo a situación do Camiño de Santiago en Croacia.

Millán Mon coa directora de Turismo de Galicia

Davor Stier informou da creación en Croacia dunha Asociación de Amigos do Camiño de Santiago e sinalou a importancia da catedral de Santiago na cidade de Sibenik, declarada Patrimonio Mundial pola Unesco. Tamén dixo que en todas as rexións croatas existe unha igrexa de Santiago e aseverou que o número de peregrinos croatas aumenta constantemente.

Pola súa parte, o presidente deste Intergrupo, o eurodeputado galego Francisco Millán Mon, proporcionou aos seus colegas datos sobre o estado das peregrinacións xacobeas, informando do notable incremento do número de peregrinos que superaron no 2013 os 215.000, o que supuxo un aumento do 12 % con respecto ao ano anterior. Tamén dixo Millán Mon a gran porcentaxe de estranxeiros que reciben a Compostela, un 54 % do total.

Ademais, Millán Mon lembrou na reunión a recente exposición celebrada na sede do Parlamento Europeo sobre o 800 aniversario da peregrinación de San Francisco de Asís a Santiago de Compostela que se está a celebrar durante todo o ano 2014 cunha programación  específica. Esta exposición foi organizada por Turismo de Galicia e a súa directora, Nava Castro, acudiu á inauguración.      

Ver todas as novas

A Xunta presenta o Camiño no festival brasileiro de Gramado

fai 9 anos

Trátase dunha feira turística exclusiva para profesionais que se celebra no (+)

Un Foro conmemorará o 25 aniversario da morte de Elías Valiña

fai 9 anos

Vilafranca do Bierzo acollerá en decembro un Foro Internacional sobre o legado (+)

PublicidadeMuseo das peregrinacions

PublicidadeHostal dos Reis Catolicos
PublicidadeCasa Pepe