O novo xerente do Xacobeo fala en Ávila sobre a peregrinación de San Francisco de Asís
fai 10 anos
O xerente da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, Rafael Sánchez Bargiela, pronunciou hoxe en Ávila unha conferencia sobre o VIII Centenario da Peregrinación de San Francisco a Santiago de Compostela.
Na conferencia, ademais de disertar sobre o fenómeno xacobeo e a peregrinación de San Francisco, presentou a programación que Turismo de Galicia a traveso da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo organizou ao longo deste ano 2014 para a conmemoración do oitavo centenario da peregrinación a Compostela do Santo.
Sánchez Bargiela reuniuse, así mesmo, con representantes das Asociación de Amigos do Camiño na zona e de entidades relacionadas.
A conferencia insírese no contexto dun ciclo titulado 100 Anos en 5 días organizado pola Concellería de Cultura do Concello de Ávila a cargo da tenente de alcalde Sonsoles Sánchez-Reyes. O ciclo recolle cinco conferencias durante esta semana sobre outros tantos centenarios que se cumpren este ano.
A Xunta presenta o Camiño no festival brasileiro de Gramado
fai 9 anos
Trátase dunha feira turística exclusiva para profesionais que se celebra no (+)
Un Foro conmemorará o 25 aniversario da morte de Elías Valiña
fai 10 anos
Vilafranca do Bierzo acollerá en decembro un Foro Internacional sobre o legado (+)