PublicidadeCamara de comercio
logo_menu

PROXECTO ACTUALIDADE PLANO

Rehabilitada a capela de San Roque, na Lavacolla

fai 10 anos

Responsables municipais visitaron a capela de San Roque, situada na parroquia de Sabugueira, na Lavacolla, para ver o resultado dos traballos promovidos polo Consorcio de Santiago para recuperar o atrio da ermida.

A capela de San Roque, de finais do século XVIII e traza barroca, está no traxecto do Camiño Francés. O edificio consta de dous corpos: a nave, que é un prisma protexido por dous faldróns de tellas, e máis o soportal. Este último é un pequeno espazo cuberto diante da entrada da ermida, para protección da choiva. Pero a estrutura de madeira que soportaba o seu tellado era moi feble e atopábase moi deformada.

"O principal problema estaba no tellado do atrio. Tiña unha deformación moi grande que provocou a separación dos faldróns, de xeito que a auga da choiva entraba pola cumieira e ía podrecendo pouco a pouco a estrutura", explicou a arquitecta Idoia Camiruaga, responsable da coordinación do proxecto e da dirección da obra, cuxo orzamento ascendeu aos 19.994 euros. As obras realizounas a carpintaría de madeira Frama.

Aínda que non existía risco de derrubamento da cuberta, os técnicos consideraron que non era conveniente que a deformación evolucionase e puidese provocar que a estrutura viñese abaixo.

Camiruaga explixou que se “reconstruíu o tellado cunha estrutura de características similares ao antigo, reutilizando todo o material que foi posible. As poucas modificacións que se introduciron foron para garantir a estabilidade do conxunto".

Por outro lado, aínda que a conservación xeral do inmoble é boa, a cuberta da nave da capela requiría unha limpeza e presentaba moitas tellas rotas. Estas substituíronse por outras vellas pero en bo estado procedentes do atrio. Ademais, recortáronse as ramas que caían sobre un dos faldróns do tellado da capela, co fin de evitar problemas futuros.

Ver todas as novas

A Xunta presenta o Camiño no festival brasileiro de Gramado

fai 9 anos

Trátase dunha feira turística exclusiva para profesionais que se celebra no (+)

Un Foro conmemorará o 25 aniversario da morte de Elías Valiña

fai 9 anos

Vilafranca do Bierzo acollerá en decembro un Foro Internacional sobre o legado (+)

PublicidadeFundacion La Rosaleda

PublicidadeRestaurante Calderon
PublicidadeRestaurante O Dezaseis