PublicidadeXacobeo
logo_menu

PROXECTO ACTUALIDADE PLANO

O botafumeiro seguirá funcionando todos os venres

fai 10 anos

O Pazo de Raxoi acolleu a sinatura do acordo de colaboración entre Turismo de Santiago, a Catedral, a Cámara de Comercio e Hostelería Compostela para a conservación e posta en valor do patrimonio histórico e artístico da catedral.

O acordo, que estará vixente ata o 31 de decembro, foi asinado pola concelleira de Turismo, Reyes Leis, o administrador xeral da Catedral, Francisco Domínguez, o presidente da Cámara de Comercio, Jesús Asorey, e o presidente da Asociación de Hostelería, José Manuel Otero.

O obxectivo das catro entidades é poñer en marcha iniciativas que contribúan a “recuperar o patrimonio histórico artístico da catedral” e a “manter vivo o espírito do Camiño de Santiago na meta final das rutas xacobeas”, proxectando o carácter universal, aberto e fondamente hospitalario da cidade e da propia Catedral.

Este acordo, entre outras cousas, permitiu que por primeira vez houbera un día fixo á semana no que funcionase o botafumeiro, o venres ás 19.30 horas, nunha cerimonia de “Homenaxe ao peregrino”, concebida como un xeito de “agradecemento da cidade ao esforzo dos centos de peregrinos que chegan todas as semanas a través dos Camiños de Santiago”.

Grazas a esta cerimonia, que continuará todos os venres deste ano, os peregrinos e as persoas que veñen a Santiago coa intención de ver o botafumeiro saben que hai un día no que funciona seguro. 

Ver todas as novas

A Xunta presenta o Camiño no festival brasileiro de Gramado

fai 10 anos

Trátase dunha feira turística exclusiva para profesionais que se celebra no (+)

Un Foro conmemorará o 25 aniversario da morte de Elías Valiña

fai 10 anos

Vilafranca do Bierzo acollerá en decembro un Foro Internacional sobre o legado (+)

PublicidadeAsociacion de Hosteleria de Santiago

PublicidadeHostal dos Reis Catolicos
PublicidadeLa Salle