Turismo de Santiago promociona Lavacolla en Fitur
fai 10 anos
Turismo de Santiago definiu a súa axenda de reunións na pasada edición de Fitur en función das conexións aéreas coas que contará a cidade este verán, que será a de maior conectividade internacional da historia.
Lavacolla ten xa 13 conexións confirmadas: Bruselas, Roma, Londres Stansted e Londres Gatwick, Estambul, París, Dublín, Frankfurt, Milán, Ginebra, Basel, Zurich e Caracas.
Turismo de Santiago reuniuse cos responsables das Oficinas Españolas de Turismo dos principais mercados con conexión directa para amosarlle os atractivos da cidade e a oferta turística de cara a este ano, no que se celebra o octavo aniversario da peregrinación de San Francisco de Asís, para que a través destas oficinas, dependentes de Turespaña e que cada ano atenden milleiros de peticións de informacións de público xeral e profesional, podan promocionar información actualizada da cidade.
Turismo de Santiago reuniuse cos responsables das OET de Roma e Bruselas, que este ano terán unha nova conexión con Lavacolla con Vueling. Tamén cos responsables das OET de Londres, Milán, París, Dublín e Zurich, que traballa en todo o mercado suízo, así como doutros mercados interesantes para a cidade como Berlín, Tokio, Sao Paulo e Nova York.
Por outra banda asinou un convenio de colaboración con Turkish Airlines, que dende maio pasado conecta Lavacolla con Estambul nunha ruta que xa empregaron máis de 20.000 pasaxeiros. Grazas a este convenio, que non ten ningún tipo de contrapartida económica, Santiago e a conexión co hub de Turkish Airlines en Estambul, poderán promocionarse en distintos eventos que terán lugar en países nos que opera a compañía, como Xapón, Corea, Rusia, Israel ou Turquía.
O obxectivo de Turismo de Santiago é que o aeroporto de Lavacolla continúe aumentando o seu tráfico internacional, que no ano 2013 acadou o seu mellor resultado histórico neste capítulo, con máis de 350.000 pasaxeiros nas súas rutas internacionais directas, cun crecemento de máis do 26 % respecto do 2012 e de case o 60 % respecto do 2011, cando houbo 220.000 pasaxeiros nestas conexións.
A Xunta presenta o Camiño no festival brasileiro de Gramado
fai 10 anos
Trátase dunha feira turística exclusiva para profesionais que se celebra no (+)
Un Foro conmemorará o 25 aniversario da morte de Elías Valiña
fai 10 anos
Vilafranca do Bierzo acollerá en decembro un Foro Internacional sobre o legado (+)