PublicidadeNovagalicia banco
logo_menu

PROXECTO ACTUALIDADE PLANO

O Príncipe, primeiro Embaixador de Honra do Camiño, visitou o pavillón galego en Fitur

fai 10 anos

A XXXIV edición de Fitur conta coa participación de 167 países e máis de 120 mil profesionais do sector. O acto inaugural da Feira Internacional de Turismo estivo presidido polos Príncipes de Asturias, que realizaron un percorrido polo recinto.

Na visita foron recibidos no pavillón de Galicia polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, que reiterou o seu recoñecemento á S.A.R. o Príncipe de Asturias polo seu apoio constante á Ruta Xacobea e por ser o primeiro Embaixador de Honra do Camiño de Santiago, título que lle foi concedido recentemente pola súa condición de peregrino e divulgador dos valores xacobeos no mundo. O presidente estivo acompañado durante o acto de recepción pola directora de Turismo de Galicia, Nava Castro.

Os Príncipes de Asturias visitaron o pavillón galego, que nos tres días de feira dedicados ao público profesional, acollerá 25 presentacións dos destinos galegos dirixidas a axentes de viaxes, operadores turísticos e medios de comunicación especializados. O pavillón de Turismo de Galicia conta cunha superficie de 967 metros cadrados e cunha estética que se caracteriza pola utilización de materiais naturais para incidir na imaxe de Galicia como destino sustentable.

O pavillón do turismo galego conta con diversos módulos expositivos, entre eles o adicado ao Camiño de Santiago e ao VIII Centenario da Peregrinación de San Francisco de Asís a Compostela. 

Ver todas as novas

A Xunta presenta o Camiño no festival brasileiro de Gramado

fai 9 anos

Trátase dunha feira turística exclusiva para profesionais que se celebra no (+)

Un Foro conmemorará o 25 aniversario da morte de Elías Valiña

fai 10 anos

Vilafranca do Bierzo acollerá en decembro un Foro Internacional sobre o legado (+)

PublicidadeAsociacion de Hosteleria de Santiago

PublicidadeHotel Balneario Compostela
PublicidadeCamping As Cancelas