PublicidadeCamara de comercio
logo_menu

PROXECTO ACTUALIDADE PLANO

Comeza a VI edición de Santiago(é)Tapas

fai 11 anos

Compostela converterase na capital da mellor cociña en miniatura a partir de este xoves, 7 de novembro, grazas ao concurso Santiago(é)Tapas, que se desenvolverá na cidade ata o día 24. 

O restaurante Enxebre do Hostal dos Reis Católicos acollerá a presentación para desta cita, nun acto que reunirá a organizadores, patrocinadores e colaboradores. A ocasión tamén servirá para degustar algúns dos petiscos participantes no Santiago(é)Tapas.

Na cita van estar presentes, entre outros, Germán González, directivo de Hostelería Compostela; a concelleira de Turismo, Reyes Leis; Yahya Zahid, responsable de Turkish Airlines; Ángel Ótero, xerente de Cash Record Galicia; Guillermo Fernández, delegado en Santiago de Estrella Galicia e Miguel Ángel Viso, presidente del C.R.D.O. Ribeiro.

Hostelería Compostela organiza e promove este concurso de tapas que conta coa colaboración institucional de Turismo de Santiago; o patrocinio especial de Turkish Airlines; o patrocinio de Cash Record; e a colaboración especial de Estrella Galicia e Turismo de Galicia.

Os produtos recomendados son os viños da Denominación de Orixe Ribeiro, Federico Paternina e Don Pedro de Soutomaior.

Ver todas as novas

A Xunta presenta o Camiño no festival brasileiro de Gramado

fai 10 anos

Trátase dunha feira turística exclusiva para profesionais que se celebra no (+)

Un Foro conmemorará o 25 aniversario da morte de Elías Valiña

fai 10 anos

Vilafranca do Bierzo acollerá en decembro un Foro Internacional sobre o legado (+)

PublicidadeApecsa

PublicidadeHostal dos Reis Catolicos
PublicidadeLa Salle