PublicidadeUSC
logo_menu

PROXECTO ACTUALIDADE PLANO

Créase a figura do Embaixador do Camiño de Santiago

fai 10 anos

O presidente da Xunta avanzou hoxe, xoves 24, a aprobación do decreto polo que se crea a figura do Embaixador de Honra do Camiño de Santiago, que distinguirá o labor das persoas físicas ou xurídicas que contribúan ao coñecemento e divulgación do Camiño, así como da cultura e dos valores xacobeos.

Segundo Núñez Feijóo, o título ten un dobre obxectivo: transmitir o agradecemento a todas as persoas que defenderon as rutas xacobeas ata o de agora; pero, tamén, solicitarlles que sigan defendendo o Camiño no futuro.

“Imos seguir afondando nos principais valores do Camiño de Santiago. Desde hai séculos as distintas rutas gozan dunha extraordinaria vitalidade espiritual, cultural e social que permitiron convertelas nun símbolo de fraternidade e nun faro permanente de unidade da Unión europea”, e que contribúen a “facer de Galicia e de España un referente turístico a nivel mundial”, recoñeceu.

O titular do Goberno galego salientou que o traballo das administracións e a súa colaboración coa Igrexa católica ten permitido ao longo das últimas décadas impulsar con máis forza o Camiño. E proba diso son as cifras de peregrinos que se incrementan cada ano, alcanzando cifras históricas neste 2013: ata o día de onte selaron a compostela 205.532 peregrinos, 22.035 máis que o ano pasado por estas datas, un 12 % máis.

Pero tamén recoñeceu que son os millóns de persoas que fan o Camiño, procedentes de todo o mundo, as que verdadeiramente manteñen a súa vixencia e o seu auxe. “Mulleres e homes que coñecen o valor do Camiño e que propagaron por distintas partes do mundo coa súa testemuña o seu valor”, dixo.

Segundo se especifica no texto, existirán dúas categorías de Embaixador de Honra do Camiño, ambas as dúas con carácter vitalicio e exclusivamente honorífico: a categoría a título persoal e a categoría de carácter institucional. Un título que, segundo Feijóo, como calquera peregrino tamén fai un camiño de ida e volta: “De ida porque supón transmitir o agradecemento a todas as persoas que se teñen vinculado co Camiño de Santiago”; pero tamén de volta, porque o que se lle pide a quen reciba esta distinción é “que o sigan defendendo no futuro”.

Propostas

A presentación de propostas de candidatos para o título poderá realizarse ao longo de todo o ano. E os embaixadores comprometeranse a colaborar na programación cultural anual da Xunta con, polo menos, unha acción ou actividade, para a divulgación dos valores humanos e sociais, culturais e espirituais do Camiño.

Así mesmo, poderán concederse como máximo oito títulos de embaixador vitalicio en cada categoría, correspondentes ao número das oito rutas históricas do Camiño de Santiago; e a entrega das distincións farase no mes de outubro de cada ano, coincidindo co día en que o Camiño foi declarado Primeiro Itinerario Cultural Europeo polo Consello de Europa hai 26 anos.

Ver todas as novas

A Xunta presenta o Camiño no festival brasileiro de Gramado

fai 9 anos

Trátase dunha feira turística exclusiva para profesionais que se celebra no (+)

Un Foro conmemorará o 25 aniversario da morte de Elías Valiña

fai 10 anos

Vilafranca do Bierzo acollerá en decembro un Foro Internacional sobre o legado (+)

PublicidadeAsociacion de Amigos del Camino

PublicidadeRestaurante Calderon
PublicidadeBodeguilla de San Roque