PublicidadeXacobeo
logo_menu

PROXECTO ACTUALIDADE PLANO

O Camiño protagoniza a presentación de Turismo de Galicia na Embaixada de Tokio

fai 10 anos

O auditorio da Embaixada de España en Xapón acolleu a presentación da directora de Turismo de Galicia no marco da celebración do Ano Dual España-Xapón. Turismo de Galicia desenvolve estes días no país nipón unha serie de accións promocionais, entre as que se encadra esta, orientada a interesados no Camiño de Santiago. 

A directora de Turismo de Galicia ofreceu un relatorio sobre as rutas xacobeas. Ao tempo, o vicerreitor de Relacións Exteriores e Internacionalización da USC, Víctor Millet ofreceu un relatorio sobre o Camiño e a Gastronomía; a xerente de Cursos Internacionais da USC, Lanzada Calatayud abordou o Camiño dende o punto de vista da aprendizaxe da lingua e a cultura; e o director de Competitividade de Turismo de Galicia, José Luís Maestro falou do Camiño e os peregrinos do século XXI.

A conferencia da directora de Turismo de Galicia xirou arredor do Camiño de Santiago dende o punto de vista turístico. Nava Castro incidiu especialmente nos aspectos culturais e patrimoniais vinculados ás Rutas Xacobeas. De igual modo, a natureza e a paisaxe como grandes reclamos do destino Galicia centraron boa parte da intervención da directora. Ademais afondou en aspectos vinculados coas Rutas Xacobeas, co fenómeno das peregrinacións e co irmandamento entre o Camiño de Santiago e o Camiño Kumano Kodo, que data de 1998.

Nava Castro fixo un percorrido polos diferentes itinerarios históricos así como polo patrimonio vinculado a eles e polo significado de intercambio cultural da civilización europea que ten o Camiño de Santiago.

As infraestruturas e a rede de servizos da Ruta, así como a oferta vinculada a ela existente en Galicia; ou os produtos turísticos que xurdiron arredor do Camiño –como o Bono Iacobus que combina gastronomía, Camiño e turismo rural en Galicia- foron algúns dos aspectos abordados pola directora de Turismo de Galicia na súa intervención. Ao tempo, Nava Castro incidiu no feito de que Galicia acolle dende mediados deste ano os actos conmemorativos do VIII Centenario da Peregrinación de San Francisco de Asís a Santiago.

Encontro coa presidenta da Asociación de Amigos do Camiño en Xapón

A presentación centrada nas Rutas Xacobeas contou tamén coa presenza e intervención da presidenta da Asociación de Amigos do Camiño de Santiago en Xapón, Tomoko Morioka, con quen a directora de Turismo de Galicia mantivo un encontro previo no que se abordaron as posibles vías de colaboración, así como as futuras iniciativas conxuntas que se poden levar a cabo a través deste colectivo tan importante para a difusión e internacionalización dos Camiños de Santiago. 

Ver todas as novas

A Xunta presenta o Camiño no festival brasileiro de Gramado

fai 9 anos

Trátase dunha feira turística exclusiva para profesionais que se celebra no (+)

Un Foro conmemorará o 25 aniversario da morte de Elías Valiña

fai 9 anos

Vilafranca do Bierzo acollerá en decembro un Foro Internacional sobre o legado (+)

PublicidadeFundacion La Rosaleda

PublicidadeRestaurante Calderon
PublicidadeLa Salle