Chega a Santiago o peregrino número douscentos mil
fai 10 anos
Stephen Wood, de Canadá, comezou o Camiño Francés o día 9 de setembro coa súa parella en Saint-Jean-de-Pied-de Port. Onte, domingo 13 de outubro, chegou a Compostela.
Stephen Wood e a súa parella comezaron o día 9 de setembro na localidade francesa de Saint-Jean-de-Pied-de Port o Camiño Francés a Santiago. Stephen ten 34 anos e é enxeñeiro. Proceden de Sarkatoon en Canadá. Christopher é o peregrino 200.000 que recolle este ano a compostela na Oficina do Peregrino da Rúa do Vilar.
Canadá é o país do que chegaron a Santiago no que vai de ano 2.803 peregrinos. Isto supón un 15,4 % máis que os camiñantes chegados dese país norteamericano o ano pasado. Canadá é o oitavo país que máis peregrinos achegou este ano, tras Alemaña, Italia, Portugal, Estados Unidos, Francia, Irlanda e Gran Bretaña.
No que vai de ano percorreron o Camiño Francés un total de 139.925 camiñantes, o que supón o 69,92 % dos peregrinos que recolleron a compostela ao longo deste 2013. Isto implica un 13,05 % máis de peregrinos que chegaron a Santiago por esta Ruta que os que o fixeron no mesmo período de 2012.
No conxunto das rutas, ata este domingo pola mañá chegaron a Santiago 22.598 peregrinos máis que no mesmo período do ano pasado, o que implica unha suba do 12,7 % respecto dos rexistrados a 13 de outubro de 2012.
Premio para o peregrino 200.000
A directora de Turismo de Galicia faralle entrega a Stephen Wood dun Bono Iacobus como agasallo por ter recollido a compostela número 200.000 deste 2013. O Bono Iacobus é un programa deseñado por Turismo de Galicia que permite perecorrer calquera das Rutas Xacobeas en Galicia aloxándose en casas de turismo rural galegas adheridas ao programa e disfrutando da gastronomía típica.
A Xunta presenta o Camiño no festival brasileiro de Gramado
fai 9 anos
Trátase dunha feira turística exclusiva para profesionais que se celebra no (+)
Un Foro conmemorará o 25 aniversario da morte de Elías Valiña
fai 10 anos
Vilafranca do Bierzo acollerá en decembro un Foro Internacional sobre o legado (+)