PublicidadeCamara de comercio
logo_menu

PROXECTO ACTUALIDADE PLANO

Unha produtora coreana inicia no Cebreiro a gravación dun documental sobre o Camiño

fai 10 anos

A gravación iniciouse en Roncesvalles e o equipo da produtora gravará en Galicia desde hoxe, 14 de outubro, ata o 26.

Aldea do Cebreiro

Turismo de Galicia, a través do Xacobeo, prestará a súa colaboración á produtora audiovisual coreana White Media na realización dun vídeo que está a realizar sobre o Camiño de Santiago e que servirá para elaborar cinco programas especiais que se emitirán pola canle de TV de Corea Yonhaps News TV como conmemoración do seu aniversario e durante o próximo mes de decembro. O título da serie de programas será Camiñando polo Camiño de Santiago.

Turismo de Galicia proporcionará apoio loxístico á esta produtora dende a súa chegada a Galicia, que se iniciará hoxe, 14 de outubro, no Cebreiro. A produtora iniciou a súa peregrinación en Roncesvalles o pasado 2 de outubro. En Galicia gravarán a igrexa de Santa María do Cebreiro e durmirán no albergue. O día 15 gravarán o Alto de San Roque e o monumento ao Peregrino e farán noite no albergue de Triacastela. Despois percorrerán Samos, Portomarín, Palas de Rei, Melide e Pedrouzo, gravando diferentes aspectos relacionados coa Ruta Xacobea, o seu patrimonio e a súa gastronomía. 

O 22 chegarán a Santiago e ata o día 26 gravarán o Monte do Gozo, a Colexiata de Santa María, a bendición do Botafumeiro e a Oficina do Peregrino e realizarán diversas entrevistas. Por último, o 26 trasladaranse a Fisterra onde gravarán o seu Faro e farán noite no seu albergue.

O equipo de White Media está composto por nove persoas entre produción, dirección, un especialista no Camiño de Santiago guionistas, cámaras e loxística.

Corea, o principal país asiático no número de peregrinos

Corea é o principal país asiático en canto á cifra de peregrinos procedentes dese país que recollen a Compostela na oficina de Acollida da rúa do Vilar. O pasado ano 2012 aportou 2.493 peregrinos que xa constituíron o 1,30 % do total.  

Ver todas as novas

A Xunta presenta o Camiño no festival brasileiro de Gramado

fai 9 anos

Trátase dunha feira turística exclusiva para profesionais que se celebra no (+)

Un Foro conmemorará o 25 aniversario da morte de Elías Valiña

fai 10 anos

Vilafranca do Bierzo acollerá en decembro un Foro Internacional sobre o legado (+)

PublicidadeMuseo das peregrinacions

PublicidadeHotel Balneario Compostela
PublicidadeOral Group