Xénova acolle dúas mostras no marco do VIII Centenario da Peregrinación de San Francisco de Asís a Santiago
fai 10 anos
A exposición, Nel segno del Tau e della Conchiglia. Il pellegrinagio di San Francesco a Santiago: Tradizione e attualità, organizada por Turismo de Galicia a través do Xacobeo, en colaboración co Comune de Génova, forma xa parte dos actos do aniversario da peregrinación de San Francisco de Asís a Compostela.
A exposición está comisariada por Paolo Caucci Von Saucken, presidente do Comité Internacional de Expertos do Camiño de Santiago e catedrático de Cultura Hispánica na universidade italiana de Perugia, considerado un dos maiores expertos mundiais nas peregrinacións xacobeas.
O proxecto expositivo consta de 50 fotografías que ilustran o percorrido entre Asís e Santiago de Compostela, destacando os lugares, lembranzas, signos franciscanos e de peregrinación ao longo do Camiño entre Italia, Francia e España. Tamén recolle aspectos esenciais desta grande civilización que xurde froito da peregrinación: o Camiño diante de todo, pero tamén as paisaxes, as igrexas, as pontes e construcións que franquean o percorrido, os albergues que acollen aos peregrinos e o peregrino mesmo que, agora coma sempre, é quen da sentido, unidade e significado ao conxunto.
De forma simultánea mostrarase o segundo proxecto expositivo, titulado Os franciscanos e o bo xantar na terra do Apóstolo. Un percorrido polo xerme da Orde Franciscana así como polas fundacións e conventos que se poden atopar en Galicia. O punto central desta segunda mostra é o viño e a gastronomía nos Camiños de Santiago en Galicia, así como a achega da Orde Franciscana nas distintas manifestacións enolóxicas e gastronómicas inseridas xa no acervo cultural da Comunidade.
Feira Via Sacre Expo Fest en Foggia
Turismo de Galicia participará na terceira edición da feira relixiosa e cultural Vía Sacre Expo Fest que se celebrará na localidade italiana de Foggia entre os días 17 e 20 de outubro. A feira, que se define como “primeiro evento dedicado á paisaxe cultural” sitúase nas instalacións da Fiera di Foggia, na rúa do Mezzogiorno desta cidade italiana.
O obxectivo da feira é a “exaltación da identidade cultural, ética e histórica das áreas sociais e económicas a traveso do desenvolvemento dos “Destinos Sostibles (DTS)” e os “Sistemas de Produción Cultural (SPC) ”, e para elo conta con dúas fontes principais de inspiración: os Itinerarios Culturais Europeos do Consello de Europa e as Paisaxes Culturais segundo a definición da UNESCO. Para iso, farase fincapé no patrimonio, no turismo sostible, no medio ambiente, na mobilidade e no descubrimento da excelencia na fabricación de produtos de artesanía e alimentación.
A Xunta presenta o Camiño no festival brasileiro de Gramado
fai 9 anos
Trátase dunha feira turística exclusiva para profesionais que se celebra no (+)
Un Foro conmemorará o 25 aniversario da morte de Elías Valiña
fai 9 anos
Vilafranca do Bierzo acollerá en decembro un Foro Internacional sobre o legado (+)