PublicidadeNovagalicia banco
logo_menu

PROXECTO ACTUALIDADE PLANO

O Apóstolo e o Camiño chegan a Toquio en forma de cine

fai 9 anos

Turismo de Galicia, en colaboración co Instituto Cervantes de Toquio, organiza un ciclo de cinema galego no que se proxectarán seis filmes ata o 20 de decembro. 

The Way será unha das películas proxectadas

O ciclo, incluído nas accións que se desenvolven no marco da conmemoración do Ano Dual España-Xapón, ten por obxectivo ofrecer aos espectadores xaponeses unha visión da paisaxe e da cultura material e inmaterial de Galicia e do seu carácter.

Seleccionáronse para este ciclo seis películas, entre elas, The Way e O Apóstolo. O resto son: Mar adentro; La lengua de las mariposas; Romasanta, la caza de la bestia e 18 comidas.

En todos os filmes aparecen fitos recoñecibles e propios da paisaxística que reforzan a autenticidade do territorio, tal é o caso do casco antigo de Ourense, da aldea de Seceda, dos soutos da Fonsagrada; da praia das Furnas; as prazas circundantes á catedral de Santiago; o mercado de Compostela etc. Doutra parte, son películas cun alto contido emocional que facilita a identificación dos espectadores cos personaxes e os escenarios.

O ciclo contará con dúas sesións de cine fórum impartidas por un profesor do Instituto Cervantes para os xaponeses teñan maior coñecemento da historia e o contexto cultural que teñen as películas do ciclo.

Ademais, crearase un espazo de web onde se poderán coñecer as localizacións das rodaxes cinematográficas (Movie Map), as anécdotas das rodaxes e a información turística dos escenarios de cada película en castelán e en xaponés.

Ver todas as novas

A Xunta presenta o Camiño no festival brasileiro de Gramado

fai 8 anos

Trátase dunha feira turística exclusiva para profesionais que se celebra no (+)

Un Foro conmemorará o 25 aniversario da morte de Elías Valiña

fai 9 anos

Vilafranca do Bierzo acollerá en decembro un Foro Internacional sobre o legado (+)

PublicidadeClub Financero de Santiago

PublicidadeHotel Monumento San Francisco
PublicidadeCasa Pepe