PublicidadeTurgalicia
logo_menu

PROXECTO ACTUALIDADE PLANO

O Hostal compostelán e o Parador de Ribas de Sil os máis valorados polos usuarios de TripAdvisor

fai 10 anos

Hoxe, martes 8 de outubro, o Hostal dos Reis Católicos e o Parador de Santo Estevo de Ribas de Sil, recolleron os premios Traveller´s Choice Paradores, que outorga TripAdvisor segundo un ranking baseado nas opinións dos seus usuarios.

Acto de entrega dos premios Traveller´s Choice Paradores

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, interveu no acto de entrega dos premios, que tivo lugar no Hostal dos Reis Católicos, precisamente o establecemento ao que se lle concedeu o primeiro premio da clasificación. No acto estiveron presentes tamén a presidenta de Paradores de Turismo, Ángeles Alarcó; a Media Relations Manager de Tripadvisor, Blanca Zayas; o alcalde de Santiago, Ángel Currás así como a delegada territorial da Xunta de Galicia na Coruña, Belén do Campo.

Os galardóns, concedidos a dez Paradores, sitúan no primeiro e segundo postos, respectivamente, ao Hostal dos Reis Católicos de Santiago e ao Parador de Santo Estevo de Ribas de Sil, na Ribeira Sacra. Os paradores de Alcalá de Henares, Oropesa, Aiguablava, Cangas de Onís, Cardona, Plasencia, Cáceres e Nerja completan o ranking.


A directora de Turismo de Galicia resaltou que é “unha honra para Galicia, nomeadamente para a administración turística galega, contar cos dous primeiros postos nesta clasificación que premia o bo servizo e a calidade”. Este premio, dixo, recoñece o traballo de todo o persoal implicado no establecemento e debe considerarse “un punto de partida que dea continuidade ao traballo realizado ata o momento e funcione como aliciente para seguir traballando na boa dirección”.

Nava Castro explicou tamén que hoxe o turista require un trato máis individualizado, un maior coñecemento, unha gran demanda de información específica e unha gran capacidade de interactuación a través das redes sociais que, segundo resaltou, “xa están presentes en todo o ciclo da viaxe, dende a organización e planificación, ata o propio destino e á hora de compartir a experiencia”.

“Para Turismo de Galicia é un orgullo contar entre a nosa oferta turística de aloxamento e restauración con estes dous establecementos porque outorgan prestixio e diferenciación ao destino, porque inciden na nos imaxe de destino de calidade e porque conforman unha parte viva do noso patrimonio máis prezado”, comentou Castro.

Ver todas as novas

A Xunta presenta o Camiño no festival brasileiro de Gramado

fai 9 anos

Trátase dunha feira turística exclusiva para profesionais que se celebra no (+)

Un Foro conmemorará o 25 aniversario da morte de Elías Valiña

fai 9 anos

Vilafranca do Bierzo acollerá en decembro un Foro Internacional sobre o legado (+)

PublicidadeAsociacion de Amigos del Camino

PublicidadeHotel Monumento San Francisco
PublicidadeRestaurante O Dezaseis