A restauración da Torre do reloxo da catedral completa a primeira fase de traballos
fai 11 anos
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, comprobou o resultado da obra de restauración da Torre do reloxo.
A intervención, centrada na limpeza da parte norte e a impermeabilización das terrazas superiores da Torre do Reloxo da catedral compostelán, contou cun investimento de 68.000 euros. Con esta acción complétanse as actuacións da primeira fase que xa executara a Xunta de Galicia anteriormente.
Para a realización desta obra de mellora montáronse as estadas e os medios auxiliares para posteriormente estudar e analizar os restos de policromías nos discos dos reloxos. Unha vez realizada esta fase retirouse o encintado do lousado da terraza principal e das cornixas e a costra no fuste oeste da torre. Posteriormente levantouse o lousado da terraza principal que non estaba nivelado e foi colocalo de forma axeitada, quedando igualado ao lousado do resto das terrazas.
Asemade, instaláronse carpinterías de madeira para pechar os ocos das escaleiras e foron cubertos os eixos dos reloxos de acordo co a súa forma e apoio orixinal e colocouse un verteaugas de cobre sobre as fiestras do cuarto do reloxo.
A Xunta presenta o Camiño no festival brasileiro de Gramado
fai 9 anos
Trátase dunha feira turística exclusiva para profesionais que se celebra no (+)
Un Foro conmemorará o 25 aniversario da morte de Elías Valiña
fai 10 anos
Vilafranca do Bierzo acollerá en decembro un Foro Internacional sobre o legado (+)