PublicidadeUSC
logo_menu

PROXECTO ACTUALIDADE PLANO

Turismo de Galicia ve no Camiño de Santiago un potente desestacionalizador

fai 10 anos

O grupo empresarial Avasa, fundado en 1980, celebrou en Santiago a reunión do seu grupo de axencias de viaxes. O encontro contou coa presenza da directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, quen realizou unha presentación dos principais reclamos do destino.

Reunión do grupo empresarial Avasa

A directora de Turismo de Galicia resaltou as potencialidades de Galicia á hora de ofrecer produtos desestacionalizadores, que permiten o disfrute da experiencia turística en calquera época do ano e que teñen gran capacidade de diferenciación.  Así, Nava Castro explicou que Galicia está incrementando os seus niveis de competitividade turística a través de ferramentas como a formación dos sector, a calidade dos destinos e servizos turísticos, a xestión eficaz dos recursos e a diferenciación no mercado global.

No que se refire á administración turística, a directora falou da constitución da Axencia de Turismo de Galicia a través da que se aglutinaron os diferentes entes e organismos en aras dunha xestión máis coordinada e eficiente, aproveitando recursos e sinerxias. De igual xeito, incidiu na necesidade de internacionalización do destino a través da creación do Clúster de Turismo de Galicia e no traballo que se desenvolve no marco do Plan Integral de Turismo, en consenso co sector e no que se recollen as necesidades e propostas para poñer en valor o destino.

Nava Castro falou da aposta pola calidade do sector turístico galego, do Camiño de Santiago como primeiro produto turístico e elemento diferencial e mais das boas cifras turísticas acadadas por Galicia no que vai de ano. Destacou o crecemento do turismo internacional que se reflicte nunha suba do 12% dos viaxeiros aloxados pertenentes a este segmento.

A directora de Turismo falou tamén dos actos conmemorativos do VIII Centenario da Peregrinación de San Francisco de Asís a Santiago e da organización de múltiples eventos culturales, congresuais e expositivos que situarán a Galicia como epicentro da oferta turística cultural. 

Ver todas as novas

A Xunta presenta o Camiño no festival brasileiro de Gramado

fai 9 anos

Trátase dunha feira turística exclusiva para profesionais que se celebra no (+)

Un Foro conmemorará o 25 aniversario da morte de Elías Valiña

fai 9 anos

Vilafranca do Bierzo acollerá en decembro un Foro Internacional sobre o legado (+)

PublicidadeMuseo das peregrinacions

PublicidadeHostal dos Reis Catolicos
PublicidadeCamping As Cancelas