PublicidadeTurismo de Santiago
logo_menu

PROXECTO ACTUALIDADE PLANO

Antón Lamazares deseña o logotipo do VIII Centenario da Peregrinación de San Francisco de Asís a Santiago

fai 10 anos

Hoxe, día de San Francisco, Turismo de Galicia presentou o logotipo que acompañará o material promocional, gráfico e audiovisual deseñado para a conmemoración do oitavo centenario da peregrinación do santo a Compostela.

O acto contou coa presenza do conselleiro de Cultura e Educación, Xesús Vázquez, quen resaltou que o creador do logotipo “representa, como poucos, a Galicia máis culta e universal, a Galicia aberta ao mundo”. “É un orgullo e unha satisfacción que el sexa o creador desta imaxe coa que Galicia e Santiago pretenden dicirlle ao mundo que hai 800 anos que Francisco de Asís chegou a Compostela”.

A directora de Turismo, Nava Castro, e mais o artista-creador do logotipo, Antón Lamazares presentaron a nova imaxe que acompañará as accións enmarcadas na efeméride.

O artista, que estudou no convento franciscano de Herbón, analizou o universo de San Francisco e dedicoulle a súa serie Follente Bemil. Durante a presentación explicou que o logotipo simboliza unha homenaxe ás culturas de Europa. “A arte ten que vir ao corazón a través da intelixencia” e apuntou que “agarda que este Oitavo Centenario sexa un paso máis na construción da paz e de Europa”.

Nava Castro incidiu na relevancia de que un evento de alcance internacional e de primeiro nivel “conte cunha imaxe creada por un artista galego de primeiro nivel internacional, un embaixador desta terra que será un gran embaixador do VIII Centenario”. Recordou que os actos conmemorativos teñen a consideración de Acontecemento de Especial Interese Público e poden acollerse aos incentivos fiscais de Réxime Fiscal das Entidades sen Fins Lucrativos e dos Incentivos Fiscais ao Mecenado.

A finais de setembro constituiuse a Comisión Interadministrativa do VIII Centenario da Peregrinación de San Francisco a Santiago, formada pola Administración Xeral do Estado, a Xunta de Galicia e a Federación Galega de Municipios e Provincias. Turismo de Galicia é o órgano encargado de organizar e levar a cabo os programas aprobados pola Comisión.

A programación comezou o 22 de agosto coa inauguración da exposición “Peregrino e Novo Apóstolo. San Francisco no Camiño de Santiago”, no palacio Bonacquisti de Asís. Este gran proxecto expositivo, que pode visitarse ata o día 20 deste mes na cidade italiana, rexistrou na primeira semana de apertura unha media de cen visitantes ao día.

Con ela pode percorrerse a imaxe do mundo na época de San Francisco, pode estudarse a presenza das ordes mendicantes no Camiño de Santiago e o legado do santo nas cidades da ruta a Compostela.

Pero ademais, os actos conmemorativos inclúen outras actuacións como unha peregrinación colectiva dende Asís a Santiago e numerosos congresos, eventos musicais e culturais, así como encontros vinculados coa temática xacobea. 

Ver todas as novas

A Xunta presenta o Camiño no festival brasileiro de Gramado

fai 9 anos

Trátase dunha feira turística exclusiva para profesionais que se celebra no (+)

Un Foro conmemorará o 25 aniversario da morte de Elías Valiña

fai 9 anos

Vilafranca do Bierzo acollerá en decembro un Foro Internacional sobre o legado (+)

PublicidadeAsociacion de Amigos del Camino

PublicidadeHostal dos Reis Catolicos
PublicidadeMultiusos Fontes do Sar