PublicidadeXacobeo
logo_menu

PROXECTO ACTUALIDADE PLANO

A celebración do VIII Centenario da Peregrinación de San Francisco de Asís contará cos máximos beneficios fiscais

fai 10 anos

Constitúese a comisión interadministrativa do VIII Centenario da Peregrinación de San Francisco de Asís a Santiago que tene como fin cumprir a Disposición Adicional dos Orzamentos Xerais do Estado para o ano 2013, que considera a celebración Acontecemento de Excepcional Interese Público.

O pasado mes de outubro, a Xunta de Galicia solicitou que os actos conmemorativos do VIII Centenario da Peregrinación de San Francisco de Asís a Santiago puideran acollerse aos incentivos fiscais establecidos na Lei 49/2002, de 23 de decembro, de Réxime Fiscal das Entidades sen Fins Lucrativos e dos Incentivos Fiscais ao Mecenado.

A solicitude tramitouse a través dunha emenda de adición ao articulado da Lei de Orzamentos Xerais do Estado na que se especificaba que os actos relacionados coa celebración do VIII Centenario da Peregrinación de San Francisco de Asís a Santiago de Compostela terán a consideración de acontecemento de excepcional interese público. A duración do programa de apoio a este acontecemento abarca desde o día 1 de xullo de 2013 ata o día 30 de xuño de 2015.

O Consello de Ministros aprobou o 30 de agosto deste ano a autorización para a creación da Comisión Interadministrativa do VIII Centenario da Peregrinación de San Francisco a Santiago, que hoxe se constituíu e que está formada pola Administración Xeral do Estado, a Xunta de Galicia e a Federación Galega de Municipios e Provincias. Turismo de Galicia será o órgano encargado de organizar e levar a cabo os programas aprobados pola Comisión Interadministrativa.

As funcións que levará a cabo a Comisión serán as de aprobar os plans e programas de actividades específicas que poden dar lugar á aplicación dos citados beneficios fiscais; a  certificación da adecuación dos gastos realizados aos obxectivos e plans do programa de apoio e a aprobación do logotipo do acontecemento e o seu manual de uso e aplicación. Tamén executará a captación de recursos para o financiamento dos programas proxectados pola Comisión Interadministrativa. 

Turismo de Galicia será o órgano encargado de organizar o evento e executar o programa de actuacións, directamente ou a través da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo. Tamén executará a captación de recursos para o financiamento dos programas proxectados pola Comisión Interadministrativa.

Beneficios fiscais

A celebración gozará dos máximos beneficios fiscais previstos na lei e as empresas que coas súas achegas e patrocinios queiran acollerse aos beneficios fiscais, deducirán un 15 % da cota íntegra do imposto de sociedades, entre outros impostos, ata o límite do 90 % da doazón efectuada dos gastos de publicidade e propaganda. Ademais, prevense desgravacións fiscais de ata un 40 % do Imposto de Sociedades polas doazóns e achegas que realicen.

Outras bonificacións salientables son as referidas as de ata o 95 % das cotas do IAE e as dos impostos e taxas locais sobre as actividades e operacións relacionadas co evento.

Ver todas as novas

A Xunta presenta o Camiño no festival brasileiro de Gramado

fai 9 anos

Trátase dunha feira turística exclusiva para profesionais que se celebra no (+)

Un Foro conmemorará o 25 aniversario da morte de Elías Valiña

fai 9 anos

Vilafranca do Bierzo acollerá en decembro un Foro Internacional sobre o legado (+)

PublicidadeMuseo das peregrinacions

PublicidadeHotel Balneario Compostela
PublicidadeLa Salle