Santiago preséntase como plató de cine no Festival de San Sebastián
fai 11 anos
A concelleira de Turismo, Reyes Leis, acompañada do responsable da Santiago de Compostela Film Commission, Dimas González, presentaron o acto promocional que Santiago fará no Festival de Cine de San Sebastián para amosar as posibilidades que ofrece a cidade como plató de cine.
Reyes Leis e Dimas González
O Festival de Cine de San Sebastián é o evento máis importante do sector cinematográfico en España. Non só é un espazo para a proxección de películas, senón que é un lugar de encontro de produtores, directores e profesionais internacionais. Neste contexto, a Santiago de Compostela Film Commission, servizo de Turismo de Santiago para a promoción da cidade a través do sector audiovisual, está organizando unha presentación dirixida aos profesionais que toman as decisións na búsqueda de localizacións para películas, series de televisión, anuncios...
A presentación da cidade terá lugar o vindeiro xoves 26 ás 19.30 da tarde no edificio Kursaal, sede do Festival de Cine. Mandouse unha convocatoria convidando a asistir a produtores, directores e responsables de axencias de publidade acreditados ao festival, coa colaboración da organización do Festival de Cine. Neste momento recibiuse xa a confirmación de máis de 60 profesionais, aínda que poderá asistir calquera persoa acreditada ao festival sen confirmación previa.
Na presentación intervirán o responsable da Santiago de Compostela Film Commission, que amosará as posibilidades que ofrece a cidade, tanto en localizacións como en facilidades para a rodaxe e en servizos auxiliares para as productoras. A continuación proxectarase o vídeo promocional da cidade como plató de cine “Santiago de Compostela: unha cidade na que todo é posible”.
A presentación rematará cun catering no que os asistentes poderán compartir ideas co responsable da Santiago de Compostela Film Commission e degustar o viño Sin Palabras, cedido para a ocasión por bodegas Castrobrey, e Xamón de Castañas, cedido por Coren. Haberá tamén música en vivo e algunha pequena sorpresa para chamar a atención dos profesionais asistentes.
Con esta presentación en San Sebastián continuase co proceso de revitalización da Film Commission de Turismo de Santiago, que ten coma obxectivo que o servizo non sirva só como unha oficina para xestionar permisos de rodaxe na cidade, senón que tamén exerza un papel activo na captación de novas producións. Neste proceso enmárcanse tanto a rebaixa das taxas de rodaxe e a simplificación do proceso para conceder os permisos, como accións de promoción.
A Xunta presenta o Camiño no festival brasileiro de Gramado
fai 9 anos
Trátase dunha feira turística exclusiva para profesionais que se celebra no (+)
Un Foro conmemorará o 25 aniversario da morte de Elías Valiña
fai 10 anos
Vilafranca do Bierzo acollerá en decembro un Foro Internacional sobre o legado (+)