O Camiño de Santiago será “intelixente”
fai 11 anos
O presidente da Xuntaasinou hoxe, 17 de setembro, un acordo de colaboración co ministro de Industria, Enerxía e Turismo para para impulsar o "Camiño de Santiago Intelixente". Segudo Feijóo, o convenio reforzará aínda máis “o carácter democrático e universal das rutas xacobeas”.

Alberto Núñez Feijóo recordou na súa intervención a chegada a Santiago de millóns de camiñantes desde o descubrimento da tumba do Apóstolo e afirmou que “a única posibilidade para igualar a forza coa que as rutas xacobeas se expandiron polo mundo é a forza da Internet”. Para o presidente, “mediante este acordo iníciase un Camiño de Santiago de terceira xeración” que suporá “unha valiosa compañía para o peregrino e un importante aliado para o Camiño”.
Neste sentido, destacou as distintas “aplicacións móbiles e contidos interactivos que amplían notablemente os seus recursos no Camiño”. Dentro deste grupo o xefe do Executivo galego destacou a dotación de rede wifi gratuíta no 100 % dos establecementos do Camiño Francés, a posibilidade de acceder a toda a información relevante sobre o Camiño, ou a aplicación que permita selar e obter a compostela vía web.
Ademais, Feijóo subliñou como “a implantación da Internet na ruta xacobea é un elemento de promoción dificilmente igualable” e grazas ao que “calquera poderá compartir as súas experiencias peregrinas en tempo real e con destino a calquera parte do mundo”
Segundo o máximo mandatario da Xunta de Galicia, “é posible” modernizar o Camiño de Santiago “sen que perda un ápice das súas propiedades máis tradicionais”. “A vocación dos peregrinos que chegan a Santiago tamén é unha vontade sen fíos, sen ataduras”, dixo. “Coa mesma filosofía incorporamos novas posibilidades interactivas ao Camiño”.
Un convenio artellado en tres epígrafes
Con este convenio a Xunta cumpre o seu obxectivo de potenciar e fortalecer o Camiño de Santiago, aproveitando a oportunidade que ofrecen as novas tecnoloxías, co fin de proxectar Galicia ao mundo. Pola súa banda, o Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo, está a desenvolver o proxecto “Destinos Turísticos Intelixentes” para facilitar a incorporación de innovacións dos destinos turísticos, dotándoos de tecnoloxía, fomentando o desenvolvemento sostible e a xeración de experiencias turísticas integrais.
Deste xeito, Xunta e Ministerio abordan o impulso e mellora da dixitalización do Camiño de Santiago e establecen unha colaboración para o desenvolvemento de accións dirixidas a incorporar ao Camiño de Santiago os elementos básicos que o convertan nun “Destino Turístico Intelixente”.
O convenio artéllase en torno a tres grandes epígrafes. Dunha banda, farase un diagnóstico da situación actual do Camiño analizando os proxectos de mellora da tecnoloxía e do seu uso realizados nos últimos anos a través de Turismo de Galicia e o Xacobeo. Doutra banda, desenvolveranse aplicacións móbiles e xestión de contidos –aplicación para obter a compostela a través das novas tecnoloxías, uso de códigos QR para descargar información ou identificar servizos etc.–. Por último, executarase a dotación do Camiño Francés de rede wifi gratuíta en establecementos de hostalería.
A Xunta presenta o Camiño no festival brasileiro de Gramado
fai 10 anos
Trátase dunha feira turística exclusiva para profesionais que se celebra no (+)
Un Foro conmemorará o 25 aniversario da morte de Elías Valiña
fai 10 anos
Vilafranca do Bierzo acollerá en decembro un Foro Internacional sobre o legado (+)
