PublicidadeUSC
logo_menu

PROXECTO ACTUALIDADE PLANO

A Vía da Prata contará cunha nova oficina de turismo e unha sala de exposicións

fai 10 anos

A Casa da Xuventude de Verín acollerá un servizo de información necesario tanto para turistas como para peregrinos, xa que esta localidade é unha das principais na Vía da Prata.

A directora de Turismo de Galicia na sinatura do convenio co concello de Verín

A casa do concello de Verín acolleu hoxe o acto de sinatura do convenio entre Turismo de Galicia e o Concello de Verín para a realización de obras na Casa da Xuventude. No acto de sinatura estiveron presentes a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e o alcalde de Verín, Juan Manuel Jiménez Morán. Ata o de agora este edificio dedicábase a varios usos relacionados coa asistencia social, oficina de consumo e aulas para formación, pero unha vez rematadas as obras destinarase a oficina de turismo e sala de exposicións.

Segundo explicou Nava Castro, cómpre ter en conta que segundo os datos do INE, durante o pasado ano preto de 160 mil viaxeiros portugueses se aloxaron nos establecementos regrados de Galicia, o 88,3 % deles en establecementos hoteleiros. Este volume implica un 19 % dos viaxeiros internacionais aloxados en establecementos regrados de Galicia. Polo que, Portugal está no primeiro posto dos mercados internacionais de Galicia, seguido de Alemaña –cun 12,6 %–, Francia –cun 11 %– e Italia –cun 9,5 %–.

Portugal é tamén o primeiro mercado emisor de excursionistas a nosa Comunidade. Segundo os datos de Frontur, nos sete primeiros meses deste ano o peso do excursionismo portugués chegou ao 96,2 % do total internacional.

En relación ao Camiño do Sueste, durante todo o ano pasado percorreron este Camiño 8.163 peregrinos, un 1,27 % máis con respecto ao ano anterior. No que vai de ano a cifra de peregrinos que recolleron a Compostela en Santiago tras ter percorrido este Camiño xa é de 7.339, o que representa un 7,8 % máis en relación ao mesmo período do 2012.

Servizo de Información Turística

Segundo explicou a directora de Turismo de Galicia, é fundamental contribuír a mellorar as dependencias do servizo de información e atención ao turista e visitante neste concello co fin de realizar a promoción turística e a difusión histórica, cultural, literaria e artística da nosa comunidade, en xeral, e do concello de Verín, en particular.

Así, explicou, facilítase que tanto turistas como peregrinos poidan coñecer tanto a oferta de aloxamento e de restauración como os recursos turísticos da zona tales como os referentes ao magnífico patrimonio cultural e arquitectónico desta parte de Galicia co seu máximo expoñente na fortaleza de Monterrei; os relacionados co patrimonio natural onde destaca a Ruta da Auga con mananciais de recoñecido prestixio como o de Cabreiroá, Sousas ou Caldeliñas e os relativos ao patrimonio etnográfico que conforman a sinal de identidade e personalidade turística da zona no que é salientable o Entroido, declarado Festa de Interese Turístico Nacional dende o 2000.

Tamén incidiu na importante oferta turística enogastronómica do territorio ao ser zona de produción de produtos con Indicación Xeográfica Protexida como a castaña ou os viños protexidos pola Denominación de Orixe de Monterrei, unha das cinco denominacións de orixe existentes en Galicia.

Ver todas as novas

A Xunta presenta o Camiño no festival brasileiro de Gramado

fai 9 anos

Trátase dunha feira turística exclusiva para profesionais que se celebra no (+)

Un Foro conmemorará o 25 aniversario da morte de Elías Valiña

fai 9 anos

Vilafranca do Bierzo acollerá en decembro un Foro Internacional sobre o legado (+)

PublicidadeGadis

PublicidadeRestaurante Calderon
PublicidadeRestaurante O Dezaseis